Cúchulainn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Temas do Ciclo do Ulster
Personaxes de Ulster

Amergin · Athirne · Blaí Briugu · Briccriu · Cairbre Cuanach · Cathbad · Celtchar · Cethern mac Fintain · Conall Cernach · Conchobar mac Nessa · Condere mac Echach · Cruinniuc · Cúchulainn · Culann · Cúscraid · Dáire mac Fiachna · Deichtine · Deirdre · Éogan mac Durthacht · Fedlimid mac Daill · Fergus mac Leti · Folloman mac Conchobair · Furbaide Ferbend · Láeg · Lóegaire Búadach · Mugain · Naoise · Ness · Sencha mac Ailella · Sualtam · Usnech

Personaxes de Connacht

Ailill mac Máta · Bélchú · Cet mac Mágach · Ferdiad · Findabair · Fráech · Maine Medb Nera

Exiliados de Ulster

Cormac Cond Longas · Dubthach Dóeltenga · Fergus mac Róich · Fiachu mac Fir Febhe

Outras personaxes

Achall · Aífe · Cairbre Nia Fer · Connla · Cú Roí · Emer · Fand · Fedelm Noíchrothach · Flidais · Friuch · Garb mac Stairn · Goll mac Carbada · Lug · Lugaid mac Con Roí · Lugaid Riab nDerg · Macha · Mesgegra · Mórrígan · Nechtan Scéne · Scáthach · Uathach

Armas

Caladbolg · Gae Bulg

Lugares

Emain Macha · Cruachan · Newgrange · Rama Vermella · Tara

Animais

Donn Cuailnge · Finnbhennach

Textos

Mesca Ulad · Táin Bó Cuailnge

"CúChulain dá morte ó can de Culann", ilustración de Stephen Reid sacada da obra de Eleanor Hull, The Boys' Cuchulain, 1904.

Cú Chulainn (Cuchulainn-audio.ogg pronunciación ), é o heroe mitolóxico irlandés máis famoso do ciclo do Ulster, así como dentro do folclore de Escocia e da Illa de Man. Fillo do deus celta Lugh e Dectera, irmá do rei de Ulster, o seu nome orixinal era Setanta, pero tomou o nome polo que é máis coñecido de Cú Chulainn ("o can de Culann", en irlandés) cando de neno, ó ir visitar ó seu pai adoptivo na casa do ferreiro Culann, matou á cadela que a gardaba. Nese momento comprometeuse a facer de can gardián do ferreiro ata que a cría da defunta chegara á idade adulta e puidese facer o seu traballo.

A formación como guerreiro de Cú Chulainn, levouna a cabo a druída Skatsha, que lle ensinou a utilizar a súa famosa lanza: Gae Bolg. Ós 17 anos, defendeu o Ulster el só contra os exércitos da raíña Maeb de Connacht na épica Táin Bó Cúailnge ("A batalla dos bois de Cualinge"). Coñéceselle pola súa arrepiante febre na batalla ou ríastrad,[1] na que se transforma nun monstro irrecoñecible que non distingue entre os amigos e os inimigos. Loita montado no seu carro, conducido polo seu leal auriga Láeg, e do que tiran os seus cabalos, Liath Macha e Dub Sainglend.

Cú Chulainn morreu loitando contra os exércitos das outras tres provincias de Irlanda, unidas pola raíña Maeb. Cóntase que loitou ata o derradeiro intre ata a súa morte, e os exércitos inimigos só se decidiron a atacalo cando viron que un corvo se pousaba no seu ombreiro para beber o seu sangue.

CúChulainn na batalla, de T. W. Rolleston, Myths and Legends of the Celtic Race, 1911; ilustración de Joseph Christian Leyendecker.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Dictionary of the Irish Language, Compact Edition, Royal Irish Academy, Dublin, 1990, p. 507)
Flag-map of Ireland.svg
A Galipedia ten un portal sobre: