Illa de Lewis
- Para outros usos de Lewis véxase Lewis (homónimos)
Illa de Lewis | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | Stornoway |
País | Reino Unido |
Localización | Océano Atlántico |
Arquipélago | Hébridas |
Linguas | Inglés, gaélico escocés |
Poboación (2001) | 18.489 hab. |
Superficie | 1.769 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 58°13′12.59″N 6°22′58.84″O / 58.2201639, -6.3830111Coordenadas: 58°13′12.59″N 6°22′58.84″O / 58.2201639, -6.3830111 |
Maior Altura | 575 m. Mealasbhal |
Localización | |
![]() |
A illa de Lewis (Leòdhas en gaélico escocés), é a parte setentrional da illa máis grande das illas Hébridas Exteriores, o maior dos arquipélagos escoceses. A parte meridional da illa chámase Harris (Na Hearadh). Os dous nomes con todo refírense as dúas partes da mesma illa. Lewis é tamén a parte máis baixa da illa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A cidade principal de Lewis, a única cidade das Hébridas Exteriores, é Stornoway (Steòrnabhagh), pola que se cruza a Ullapool xa na Escocia británica. No censo de 2001 Lewis tiña unha poboación xeralmente residente de 16.872 habitantes.
Relixión[editar | editar a fonte]
A relixión é importante en Lewis, e a maior parte da poboación pertence á Igrexa Libre de Escocia e á Igrexa de Escocia (ambas as dúas presbiterianas. O Sabbath (ou sexa, o domingo) obsérvase xeralmente coa maioría das tendas e servizos pechados, o que non é frecuente no Reino Unido, se ben algunhas comunicacións co resto de Escocia se seguen mantendo. Tamén existen templos católicos, mormóns e das Testemuñas de Xehová.
Lingua[editar | editar a fonte]
Como en todas as Hébridas Exteriores, son oficiais administrativamente o inglés e o gaélico escocés, que é ademais unha das linguas de tradición histórica na comunidade, a canda o nórdico, xa extinto. Porén, tanto o antigo nórdico coma o gaélico teñen influído moito na fala inglesa, e por veces a lingua inglesa de Lewis soa máis a inglés de Irlanda que ao que habitualmente se escoita en Escocia. O 60% dos habitantes de Lewis falan o gaélico, mentres que un 70% poden lelo, escribilo ou entendelo.
Sitios históricos[editar | editar a fonte]
A illa de Lewis ten unha variedade de localizacións do interese histórico e arqueolóxico incluíndo:
- Pedrafitas de Callanish;
- Carloway Dun Broch;
- As casas negras de Garenin (Na Gearannan), preto de Carloway e a casa negra en Arnol;
- Igrexa de San Columba en Aignish;
- Teampull Mholuaidh en Ness;
- Castelo de Lews;
- Dùn Èistean.