Osián
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, Bardo |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |

Osián[1] ou Oisin foi un guerreiro e poeta gaélico lendario, que se supón que viviu no século III.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1762 James Macpherson publicou Fragmentos de poesía antiga recollidos nas Terras Altas de Escocia, e traducidas da lingua gaélico ou erse (Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language). En 1762 sacou do prelo Fingal e en 1763 Temora. Estes dous pretendían ser traducións de poemas épicos en gaélico dun poeta chamado Osián. Na verdade (e só se soubo após a morte de Macpherson), eran unha fabulación de baladas gaélicas mesturadas con produción propia de Macpherson. Porén, a súa evocación dun pasado remoto, que presentaba un lusco-fusco gaélico de mito e lenda, tivo unha influencia considerábel en escritores de Europa e afectou ao desenvolvemento do Romanticismo. Interesáronse nestes poemas autores do talle de Goethe, Herder e Schiller. Traducíronse a moitos idiomas e contribuíron ao nacemento do celtismo.
Na literatura galega tiveron especial influencia en Eduardo Pondal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑
- Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Osián". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>.
- Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Osián". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.