Camelot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración de Camelot, por Gustave Doré
Camelot (ruínas do castelo de Tintagel)
Ilustración sobre a lenda de Camelot

Camelot é o nome da fortaleza do lendario Rei Artur, lugar desde o cal emprendeu moitas das batallas que realizou durante a súa vida.

Referencias xeográficas[editar | editar a fonte]

A súa situación concreta descoñecese actualmente e podería ser unha provincia romano-británica ficticia da Bretaña posromana. A cidade mencionouse a primeira vez no poema Lancelot, o Cabaleiro da Carreta de Chrétien de Troyes, onde non parece tan importante como chegaría a ser na lenda artúrica. Dado que a situación de Camelot segue sendo un misterio, a verdade sobre ela —se chegou a existir— aínda non se coñece. Entre os posibles lugares que poden corresponder con Camelot inclúense:

Aínda que o nome «Camelot» pode derivar de Camulodunum (nome romano da actual Colchester), fortaleza dos reis catuvellaunos e máis tarde capital provincial da Britannia romana, a súa localización en Essex (na Anglia oriental) sitúaa no rei anglosaxón equivocado.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]