Miquel Iceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Miquel Iceta Llorens")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miquel Iceta
Miquel Iceta 2015a (cropped).jpg
Nacemento17 de agosto de 1960
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e ensaísta
IrmánsNúria Iceta Llorens
Firma de Miquel Iceta.svg
editar datos en Wikidata ]

Miquel Iceta i Llorens, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1960,  é un político catalán, actual primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)[1] e secretario primeiro do Parlamento de Cataluña desde 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iceta comezou a súa actividade política como afiliado do Partit Socialista Popular de Catalunya (PSP) con 17 anos, pasado en 1978 a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), entrando na súa dirección en 1984, realizando labores de organización, formación e de coordinación de campañas electorais.

Foi un dos primeiros políticos españois en declarar abertamente a súa condición de homosexual.[2]

Foi concelleiro de Cornellà de Llobregat entre 1987 e 1991, director do departamento de análise do gabinete da Presidencia do Goberno español (1991-1995), subdirector do devandito gabinete (1995-1996). Nas  Eleccións xerais de 1996 resultou elixido deputado por Barcelona na candidatura do PSC-PSOE.

No 1999 presentouse nas listas ao Parlamento de Cataluña, revalidando a súa acta nas eleccións de 2003, 2006, 2010 e 2012. Na VII lexislatura foi relator na  redacción do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006. Foi voceiro do Grupo Parlamentario Socialista de 2003 a 2012. Na constitución da X lexislatura, o 17 de decembro de 2012, asumiu o posto de secretario primeiro da Mesa do Parlamento.

Dentro do Partit dels Socialistes de Catalunya foit viceprimeiro secretario (2000-2011). No ano 2011 optou á primeira secretaría,[3] aínda que finalmente retirou a súa candidatura por falta de apoios.[4] Trala renuncia de Pere Navarro como primeiro secretario do PSC en 2014, Iceta foi o único candidato que se presentou para substituílo nas primarias.

Foi candidato do PSC en 2015 para a presidencia da Generalitat de Cataluña nas que o seu partido acadou 16 escanos.

En 2016 foi reelixido líder do PSC, gañando nas primarias a Núria Parlón.

Repitiu como aspirante do PSC á presidencia de la Generalitat no contexto das eleccións autonómicas de 2017.

Notas[editar | editar a fonte]