Salvador Illa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salvador Illa
Salvador Illa 2020 (portrait).jpg
Nome completoSalvador Illa i Roca
Nacemento5 de maio de 1966
Lugar de nacementoLa Roca del Vallès
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Barcelona e Universidade de Navarra
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll
Na rede
IMDB: nm9154257 Facebook: salvador.illaroca Twitter: salvadorilla Instagram: salvador_illa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Salvador Illa Roca, nado en La Roca del Vallès o 5 de maio de 1966, é un político catalán, secretario da organización do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) dende 2016. Foi alcalde de La Roca del Vallès en dous períodos separados entre 1995 e 2005. Foi ministro de Sanidade de España do 13 de xaneiro de 2020 ao 26 de xaneiro de 2021,[1] durante o segundo goberno de Pedro Sánchez; deixou o cargo para presentarse como candidato do PSC ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado o 5 de maio de 1966 en La Roca del Vallès,[2][3] en Vallès Oriental, licenciouse en Filosofía pola Universidade de Barcelona. Converteuse en rexedor do concello de La Roca no ano 1987. Afiliado ó Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) dende 1995,[4] foi investido alcalde de La Roca en 1995, logo do pasamento do daquela alcalde Romà Planas.[5] Desaloxado da alcaldía logo dunha moción de censura en febreiro de 1999, volveu á alcaldía despois das eleccións municipais de xuño de 1999, nas que a lista do PSC obtivo unha maioría absoluta.[5]

De setembro de 2005 a abril de 2009 foi director xeral de Xestión de Infraestruturas do Departamento de Xustiza da Generalitat de Cataluña.[6][7]

Foi director da Área de Xestión Económica do Concello de Barcelona entre 2010 e 2011 e coordinador do Grupo Municipal Socialista no Pleno municipal entre 2011 e 2016.[8]

En novembro de 2016, Miquel Iceta escolleu a Illa para o cargo orgánico de secretario da Área de Organización do PSC.[9] Durante o proceso independentista, Illa foi un dos principais representantes do PSC nas manifestacións da entitade Sociedade Civil Catalá.[10]

O 13 de xaneiro de 2020, Illa entrou a formar parte do novo goberno de Pedro Sánchez como Ministro de Sanidade, cargo que anteriormente ocupaba María Luisa Carcedo. O 30 de decembro de 2020 foi designado polo Consello Nacional do PSC como cabeza de lista ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021,[11] e o 26 de xaneiro de 2021 deixou o cargo de ministro de Sanidade.[1]

A finais de decembro de 2020, o PSC anunciou que o primeiro secretario do partido, Miquel Iceta, faría un paso atrás e non sería o candidato do Partido Socialista nas eleccións autonómicas catalás de 2021; e no seu canto, o candidato sería o daquela ministro de Sanidade, Salvador Illa.

Nas eleccións, que tiveron lugar o 14 de febreiro de 2021, o partido que representaba Illa conseguiu ser o máis votado con 651 627 votos e 33 escanos.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Illa se despide de Sanidad para irse "a otra responsabilidad que no va a ser cómoda"" (en castelán). 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  2. Ellakuría, Iñaki (20 de agosto de 2018). "Salvador Illa: “La política es en buena medida gestos”". La Vanguardia. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  3. "Poques opcions a la comarca". 9 de marzo de 2004. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  4. Basanta, Ana (12 de xuño de 2019). "Salvador Illa (PSC): "No tenim por, a Barcelona passarà el que passi"". Catalunya Press. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Illa i Roca, Salvador". Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  6. Departament de Justícia (ed.). "Memòria del Departament de Justícia 2005" (PDF). Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  7. Departament de Justícia (ed.). "Memòria del Departament de Justícia 2009" (PDF). Consultado o 1 de xaneiro de 2020. 
  8. Baquero, Camilo S.; Blanchar, Clara; Cia, Blanca (7 de xuño de 2019). "Los fontaneros de los pactos en Barcelona". El País. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  9. "Núria Marín serà la número dos del PSC i Salvador Illa el secretari d'Organització". La Vanguardia. 6 de novembro de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  10. "L'únic dirigent del PSC a la mani espanyolista diu que hi era "com un ciutadà més"" (en catalán). Consultado o 1 de xaneiro de 2021. 
  11. "Illa serà el candidat del PSC el 14F després d'haver-hi renunciat Iceta". 324. 30 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  12. "Resultados Elecciones Autonómicas de Cataluña 2021 - RTVE.es" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021.