Capoeira
A capoeira é unha expresión cultural afrobrasileira orixinada no Brasil, que engloba diversas facetas. A máis coñecida é a da arte marcial ou loita, aínda que o resto son igual de importantes: a vertente musical, de expresión corporal, a faceta oral e lingüística, e a faceta tradicional. A capoeira é unha forma de expresarse.
Orixe etimolóxica[editar | editar a fonte]
Existen varias teorías en relación á orixe da palabra capoeira. Unha de elas ven establecida pola lingua guaraní, onde caápuêra (caá = campo, matogueira; puêra = que xa foi) dá lugar a capuíra, capoêra e capoeira. Segundo algúns estudosos, a palabra capoeira designaría un tipo especial de gaiolas, usadas no transporte de aves (capóns), que eran conducidas por escravos ós mercados. O termo estenderíase das gaiolas ós escravos. Segundo os defensores desta hipótese, mentres agardaban a chegada dos comerciantes, os escravos divertíanse na práctica da súa arte-loita, pasando tamén a denominarse igualmente baixo ese termo (capoeira). Tamén denominaba así ó lugar despexado dun bosque onde se practicaba este deporte.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Pintura de Augustus Earle que representa un xogo ilegal de capoeira en Río de Xaneiro
Capoeira. Usina do Gasômetro, Porto Alegre
Loitadores de capoeira fan unha demonstración para turistas. Porto Seguro, Bahia
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A Arte da Capoeira Arquivado 22 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en portugués)