Lingua comoriana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Comoriano
Falado en: Comores e Mayotte
Total de falantes: 800 000 nas Comores
300 000 en Mayotte (2011 e 2007)
Familia: Níxer-congo
 Atlántico-congolesa
  Benue-congo
   Bantoide meridional
    Bantú
     Costa nordeste
      Sabaki
       Comoriano
Escrita: Alfabeto árabe
Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Comores Comores
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
zdj — Ngazidja
wni — Ndzwani
swb — Maore
wlc — Mwali

O comoriano[1] (Shikomori ou Shimasiwa, a "lingua de illas") é o nome dado a un grupo de catro linguas bantús faladas nas Comores, un arquipélago do suroeste do océano Índico entre Mozambique e Madagascar. É considerada unha das linguas oficiais da Unión das Comores na Constitución comoriana. O shimaore, unha das linguas, é falado na illa en disputa de Mayotte, un departamento francés reclamado polas Comores. Ó igual có suahili, o comoriano é membro das linguas sabaki, que forman parte da familia de linguas bantús. Cada illa ten a súa variedade e as catro son divididas convencionalmente en dous grupos: o grupo oriental composto polo shindzuani (falado en Ndzuani) e o shimaore (en Mayotte), mentres que o grupo occidental componse do shimwali (Mwali) e do shingazija (Ngazidja). Aínda que as linguas dos diferentes grupos non son intelixibles entre elas, xa que só comparten o 80% do léxico, si o dentro de cada grupos.[2]

Historicamente, a lingua foi escrita en alfabeto árabe. A administración colonial francesa introduciu o alfabeto latino, do cal foi aprobada unha versión oficialmente en 2009.[3] O alfabeto árabe aínda é usado amplamente.

É a lingua na que está escrita o himno nacional do país, Udzima wa ya Masiwa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "comoriano". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  2. Breslar, 1981; Ahmed-Chamanga, 2010
  3. Ahmed-Chamanga, 2010