Manuel I de Portugal
Manuel I de Portugal, nado en Alcochete o 31 de maio de 1469 e finado en Lisboa o 13 de decembro de 1521, foi Rei de Portugal. Alcumado de "O Venturoso", "O Benaventurado" ou "O Afortunado", polos acontecementos felices que o levaron ao trono e que ocorreron no seu reinado, concretamente o descubrimento do camiño marítimo para a India e o Brasil. Foi o primeiro rei en asumir o título de pela Graça de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquém e d'Além-Mar em África, e Senhor da Guiné, e do Comércio, Conquista e Navegação da Arábia, Pérsia e Índia... (pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, d'aquém e d'Alén-Mar en África, Señor do Comercio, da conquista e da Navegación de Arabia, Persia e India).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á morte de Xoán II sen fillos lexítimos (o príncipe Afonso falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en 1491), sen irmáns vivos (a infanta Santa Xoana, a súa irmá, falecera en 1490), sen lograr lexitimar o seu bastardo, o infante Xurxo de Lencastre, futuro Duque de Coímbra, a Coroa Portuguesa acabou por pasar ao seu primo e cuñado Manuel, Duque de Bexa, o cal era fillo de Fernando, Duque de Viseu (irmán do rei Afonso V), e de Beatriz (filla do infante Xoán, o penúltimo dos membros da Ínclita Xeración). Así, aínda que por parte paterna fose neto do rei Duarte, e pola materna, bisneto de Xoán I, o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que xurdan, por veces, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a Casa de Avis-Bexa (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por Xoán II, e que detina á data da súa aclamación, en 1495), a cal se mantería no poder até o fin da dinastía, en 1580.
Reinado
[editar | editar a fonte]Aclamado o 27 de outubro de 1495, Manuel I demostrou ser un sucesor á altura, apoiando os descubrimentos portugueses e o desenvolvemento dos monopolios comerciais. Durante o seu reinado, Vasco da Gama descubriu o camiño marítimo para a India (1498), Pedro Álvares Cabral descubriu o Brasil (1500), Francisco de Almeida, converteuse no primeiro vicerrei da India (1505) e o almirante Afonso de Albuquerque asegurou o control das rutas comerciais do océano Índico e Golfo Pérsico e conquistou para Portugal lugares importantes como Malaca, Goa e Ormuz. Tamén no seu reinado organízanse viaxes a occidente, téndose chegado á Groenlandia e á Terra Nova.
Manuel I opta por unha política de expansión indio e colocar en práctica os seus principios, creando a oportunidade para a realización da viaxe de Vasco da Gama en 1497, contra, ao que parece, a oposición de parte do seu Consello. Elixe, aínda, a través da inversión pro-aristocrática, ou sexa, de restauración de privilexios e dereitos antes postos en causa e isto seguramente por opción política de Estado.
O rei edifica, igualmente, un Estado que anunciando en boa medida o absolutismo Régio e o goberno ilustrado, en contrapunto ao centralismo do seu antecesor Xoán II[1].
Todo iso contribuíu á constitución do Imperio Portugués, facendo de Portugal un dos países máis ricos e poderosos de Europa. Manuel I utilizou a riqueza obtida polo comercio para construír edificios reais, no que se coñecería máis tarde como estilo manuelino, dos que son exemplo o Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belém. Atraeu científicos á corte de Lisboa e establecéronse tratados comerciais e relacións diplomáticas con China e Persia, ademais das conquista feitas no norte de África como Safim, Azamor e Agadir.
A súa completa consagración europea deuse coa embaixada en 1513, dirixida por Tristão da Cunha, enviando ao Papa León X presentes magníficos como pedras, tecidos, xoias e animais. Destes últimos destacaron un cabalo persa e un elefante, chamado Hanno, moi habilidoso, que sería mascota do Papa. Pero unha das moitas novidades que encantada os espíritos curiosos das cortes europeas da época tería sido sen dúbida o rinoceronte traído das Indias, que asumiu, entón, un papel preponderante na arte italiana.
O seu reinado estará tamén recordado pola persecución feita a xudeus e musulmáns en España, particularmente nos anos de 1496 a 1498. Esta política foi tomado por forma a agradar aos reis católicos, cumprindo unha das cláusulas do seu contrato de matrimonio coa herdeira de España, Isabel de Aragón.
O Masacre de Lisboa de 1506 foi quizais unha das consecuencias da política de Manuel I. Seguidas das conversións forzadas dos xudeus e, logo, confiado ao seu embaixador en Roma a misión secreta de pedir ao Papa, en 1515, o permiso de establecer a Inquisición en Portugal.
Na cultura, Manuel I procedeu á reforma dos estudos xerais, creando novos plans educativos e bolsas de estudo. Na súa corte xorde tamén Gil Vicente, o pai do teatro portugués, e Duarte Pacheco Pereira, o xeógrafo, autor do Esmeraldo de situ Orbis.
Ao analizar a súa obra, obsérvase o intento de reforma do reino, «a través da creación de instrumentos unificado de carácter estatal, como son a publicación dos foros Novos, reforma os antigos, a lectura Nova (1504-1522), a recompilación e revisión da lexislación, consagrada polas Ordenacións Manuelinas, a reorganización da Facenda Pública e a estruturación administrativa. Con el organízase o estado moderno»[2].
Descendencia
[editar | editar a fonte]Do primeiro matrimonio, con Sabela de Aragón e Castela, infanta de España (1470-1498):
Do segundo matrimonio, coa súa cuñada María de Aragón e Castela, infanta de España (1482-1517), a 30 de outubro de 1500:
- Xoán III, rei de Portugal (1502-1557)
- Sabela de Portugal (1503-1539), casada con Carlos V, emperador de Alemaña que sería mai de Filipe II de España;
- Beatriz de Portugal, Duquesa de Savoia (1504-1538), casada con Carlos III, duque de Savoia
- Luis, duque de Beja (1506-1555), condestable do Reino e Prior da Orde de San Xoán de Xerusalén, pai do polémico Antonio, prior do Crato;
- Fernando, Duque da Guarda (1507-1534), casado con Guiomar Coutinho, Condesa de Marialva;
- Afonso de Portugal, cardeal (1509-1540), arcebispo de Évora e de Lisboa.
- María de Portugal (1511-1513)
- Cardeal Henrique, rei de Portugal (1512-1580), cardeal, arcebispo de Braga, de Évora e de Lisboa, inquisidor xeneral, rexente do reino e rei ;
- Duarte, Duque de Guimarães (1515-1540), casado con Isabel de Bragança, bisavós de Xoán IV de Portugal
- Antonio, Infante de Portugal (1516) que viviu poucos días.
Do terceiro matrimonio, con Leonor de Austria (1498-1558), infanta de España, irmá do emperador Carlos V:
- Carlos de Portugal (1520-1521)
- María de Portugal (1521 - 1577), coñecida como a máis culta das infantas.
Notas
[editar | editar a fonte]Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán II de Portugal |
Manuel I de Portugal | Precede a: Xoán III de Portugal |
Dinastía de Avis-Bexa |