Pedro Álvares Cabral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Álvares Cabral
Pedro Álvares Cabral - steel engraving by American Bank Note Company.jpg
Pedro Álvares Cabral
Nacementoc. 1467
 Belmonte
Falecementoc. 1520
 Santarém
NacionalidadeReino de Portugal
EtniaPobo portugués
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónexplorador
PaiFernão Cabral
NaiIsabel de Gouveia de Queirós
CónxuxeIsabel de Castro (esposa de Álvares Cabral)
FillosBarrou, António Cabral (filho de Pedro Álvares Cabral) e Fernão Álvares Cabral
Pedro Álvares Cabral signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Pedro Álvares Cabral, nado probablemente en Belmonte en 1467 ou 1468 e falecido en Santarém en 1520 ou 1526, foi un fidalgo e navegante portugués a quen xeralmente se atribúe o descubrimento do Brasil, acontecido o 22 de abril de 1500.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Crese que naceu en Belmonte, na rexión da Beira Baixa, en Portugal. Foi o terceiro fillo de Fernão Cabral, gobernador da Beira e de Belmonte, e de Isabel de Gouvea. Así, o seu nome orixinal sería Pedro Álvares Gouvea, pois só o primoxénito herdaba o sobrenome paterno. Só posteriormente, coa morte de seu irmán mais vello, tería pasado a chamarse Pedro Álvares Cabral.

Con once anos de idade mudouse para Lisboa, onde estudou literatura, historia, ciencias, cartografía e artes militares. Coa subida ao trono de D. Manuel I (1495-1521) pasou a integrar o Consello do Rei e foi admitido como cabaleiro na Orde de Cristo, distinción concedida apenas a algúns nobres.

Viaxe á India[editar | editar a fonte]

En 1500, con 33 anos de idade, o soberano deulle o comando da segunda armada que mandou á India, a mellor equipada do século XV e integrada por dez naos e tres carabelas, levando uns 1.500 homes, entre funcionarios, soldados e relixiosos.

Partiu de Lisboa o 9 de marzo de 1500 e, desviándose do camiño orixinal – intencionalmente, segundo a hipótese máis admitida polos historiadores – atinxiu a costa oriental da América do Sur, arribando en Porto Seguro o 22 de abril de 1500. Tomou posesión da nova terra, que denominou de Illa de Vera Cruz en nome da Coroa portuguesa. En seguida enviou de volta a Portugal un dos navíos menores coas noticias. Retomou entón a rota de Vasco da Gama rumbo ás Indias.

Ao cruzar o cabo da Boa Esperanza, catro dos seus navíos se perderan. Chegou a Calicute - actual Kozhikode, en Kerala - en setembro de 1500, onde Cabral asinou o primeiro acordo comercial entre Portugal e a India.

Ao volver a Lisboa, en 1501, foi aclamado como un heroe. Entanto, desentendeuse co rei acerca do comando da expedición ás Indias programada para 1502 e foi substituído por Vasco da Gama. Non recibiu ningunha outra misión oficial máis ata o fin da súa vida. Faleceu esquecido e foi sepultado na cidade de Santarém segundo algúns historiadores o 1520, e outros, o 1526.