Saltar ao contido

Xoán, infante de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xoán, Infante de Portugal»)
Modelo:BiografíaXoán, infante de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1400 Editar o valor en Wikidata
Santarém, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 1442 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Alcácer do Sal, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Batalha Editar o valor en Wikidata
Grão-Mestre da Ordem de Santiago da Espada (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaÉvora Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
Conflito2.º Cerco de Ceuta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabel de Barcelos (1424 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosDiogo de Portugal, Isabel de Portugal, Beatriz de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisXoán I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Filipa de Lancaster Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel
Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña
Henrique, duque de Viseu
Duarte de Portugal
Fernando, o Infante Santo
Pedro, Duque de Coimbra
Afonso I, Duque de Bragança Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Aviz-6 Find a Grave: 156056607 Editar o valor en Wikidata

Xoán de Portugal, nado en Santarém o 13 de xaneiro de 1400 e finado en Alcácer do Sal o 18 de outubro de 1442, foi un infante de Portugal da dinastía de Avis.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo do rei Xoán I e da súa muller, a raíña Filipa de Lancaster. Foi condestábel de Portugal, sucedendo a Nuno Álvares Pereira, e aínda señor de Reguengos, Colares e Belas. En 1424, Xoán casou coa sobriña Isabel de Bragança, filla do duque Afonso.

Durante o reinado de Duarte de Portugal, Xoán uniuse ao seu irmán Pedro, duque de Coímbra na contestación á expedición a Tánxer que habería de acabar en desastre. Defendeu tamén a entrega da cidade de Ceuta, conquistada en 1415 a cambio da liberdade do Infante Santo, mesmo contra a vontade do propio.

No inicio do reinado do seu sobriño Afonso V de Portugal, a rexencia do reino foi entregado a Leonor de Aragón, a raíña nai. Esta decisión testamento do falecido rei provocou rexeitamento popular e ameazas de motíns en Lisboa. Foi Xoán que se instalou na capital, para evitar unha rebelión. Despois, rexeitando as ofertas de alianza de Leonor e Afonso, conde de Barcelos (o futuro duque de Bragança), defendeu a realización de cortes para nomear o duque de Coímbra novo rexente.

Descendencia

[editar | editar a fonte]