Ormuz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ormuz foi unha antiga cidade na illa e estreito do mesmo nome, á entrada do Golfo Pérsico. Por ela eran escoadas mercadorías exóticas transportados polas caravanas de Basora ou Alepo rumbo ao mar Mediterráneo, por onde alcanzaron a Europa.

Na secuencia da expansión portuguesa na India, en outubro de 1507, Afonso de Albuquerque atacou esta cidade, dominándoa, e case conseguiu completar a construción do Forte de Nosa Señora da Vitoria, se non fose pola deserción de tres capitáns portugueses. Foi forzado a abandonala en xaneiro de 1508.

A 1 de abril de 1515, Albuquerque, xa gobernador da India, regresou a Ormuz, onde reconstruíu a fortaleza (Forte de Nosa Señora da Concepción de Ormuz) e estableceu a soberanía portuguesa, subordinada ao Estado da India.

No contexto da Dinastía Filipina, as posesións portuguesas en todo o mundo tornaranse branco de ataques dos inimigos de España. Despois da caída do Forte de Queixome, unha flotilha Persa con máis de 3.000 homes e o apoio de seis embarcacións Inglesas, puxeron cerco ao Forte de Ormuz (20 de febreiro de 1622). Os persas ofereceron ao comandante português da praza a illa de Qeshm a cambio de 500 000 patacas e o porto de Julfar, na costa de Arabia, recentemente conquistado aos portugueses por unha forza combinada de árabes e persas. A oferta, con todo, foi rexeitada e, en poucos meses, a illa de Ormuz era perdida para os persas e os seus aliados Ingleses (3 de maio). A gornición e a poboación portuguesa na illa, preto de 2.000 persoas, foi enviada a Mascate.

Actualmente, forma parte da provincia iraniana de Hormozgan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]