Francisco de Almeida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco de Almeida

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1450 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1510 Editar o valor em Wikidata (50/60 anos)
Cabo de Boa Esperanza, preto do lugar Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Vice-rei da India portuguesa (pt) Traducir
12 de setembro de 1505 – 4 de novembro de 1509
← Tristão da CunhaAfonso de Albuquerque → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDona Leonor de Almeida (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLopo de Almeida, 1.º conde de Abrantes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Brites da Silva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Francisco de Almeida, nado en Lisboa, ca. 1450 -e finado en Aguada de Saldanha o 1 de marzo de 1510 foi un nobre, soldado e explorador portugués. Destacouse primeiro como conselleiro de confianza do rei Xoán II de Portugal e máis tarde na conquista de Granada realizada polos Reis Católicos en 1492.

En 1505, viaxa á India co galego Joan de Novoa, e o rei Manuel I de Portugal, nomeouno primeiro vicerrei da India portuguesa, onde loitou para expulsar aos musulmáns e venecianos do comercio con Oriente. A partir de entón inflixiu duros castigos ás frotas musulmás e aos portos da India, e é recordado, tras a batalla naval de Diu en 1509, como o artífice da hexemonía portuguesa no océano Índico . Morreu nunha batalla contra os Khoikhoi en Saldanha (hoxe Suráfrica), e foi enterrado en Aguada de Saldanha, preto de onde se atopa na actualidade Cidade do Cabo.

Na India construíu as fortalezas de Anjidiv, Cannanore e Cochin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francisco de Almeida era fillo de Lopo de Almeida, primeiro conde de Abrantes, e da súa muller Beatriz da Silva. Criouse na corte do rei Afonso V de Portugal e, como era costume entre os homes do seu círculo social, ingresou moi novo no exército. Sábese que era un home de confianza de Xoán II de Portugal e que participou en 1476 na Batalla de Toro, cando o rei portugués tomou partido na sucesión da Coroa de Castela, loitando a favor de Xoana a Beltranexa e en contra da súa tía Isabel (despois Isabel a Católica). Nos anos seguintes, Francisco de Almeida loitou en varios conflitos en Marrocos e en 1492 participou, ao servizo dos Reis Católicos, na conquista de Granada.[1]

En 1505 o rei Manuel I de Portugal nomeouno vicerrei da India portuguesa. Partiu de Lisboa xunto a Joan de Novoa cunha frota de vinte barcos, o 25 de marzo dese ano.[2] Unha vez que pasou o cabo de Boa Esperanza conquistou o sultanato de Kilwa, na costa da actual Tanzania, onde construíu unha fortaleza. Despois atacou e arrasou Mombasa (Kenya) e apoderouse do porto de Sofala (Mozambique).

Chegou á India e instalouse en Cochin. Dende alí esforzouse por contrarrestar o poder dos musulmáns de Exipto no océano Índico para garantir a presenza portuguesa. Foi partidario da expansión colonial de Portugal, organizando viaxes de descubrimento cara Ceilán e Madagascar. O 3 de febreiro de 1509 derrotou a unha frota composta por barcos do sultanato mameluco, do Imperio Otomán e do sultanato de Gujarat na batalla de Diu, ao norte de Calicut.[3] O mesmo ano converteuse no primeiro portugués en desembarcar en Bombai.

Cando Afonso de Albuquerque chegou á India para sucedelo, negouse a recoñecer as súas credenciais e foi encarcerado. Despois de tres meses renunciou, ao tempo que unha gran frota chegou de Portugal en novembro de 1509. Almeida embarcou para Portugal, pero morreu o 1 de marzo de 1510 durante unha escala no camiño de volta, preto da Cidade do Cabo, nunha escaramuza con membros do pobo Khoikhoi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paul Lunde, The coming of the Portuguese, 2006, Saudi Aramco World Arquivado 21 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. Logan, William (2000). Malabar Manual (en inglés). Asian Educational Services. ISBN 978-81-206-0446-9. 
  3. Rogers, Clifford J. Readings on the Military Transformation of Early Modern Europe, San Francisco:Westview Press, 1995, pp. 299–333

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]