Miguel da Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel da Paz de Portugal
Príncipe de Asturias
Príncipe herdeiro de Portugal
Príncipe de Asturias
1499-1500
PredecesorIsabel de Aragón
SucesorXoana de Aragón
Príncipe herdeiro de Portugal
1498-1500
PredecesorXaime I de Braganza
SucesorXoán de Portugal

Nacemento24 de agosto de 1498
Zaragoza, Coroa de Aragón
Falecemento
Granada, Coroa de Castela
Casa realDinastía de Avis
ProxenitoresManuel I de Portugal
Isabel de Aragón

Na rede
Find a Grave: 58460524 Editar o valor em Wikidata

Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do rei Manuel I de Portugal e de Isabel de Aragón, princesa de Asturias e filla dos Reis Católicos. Naceu o 24 de agosto de 1498 en Zaragoza (Aragón), e no parto faleceu a súa nai.[1][2]

Como fillo do rei luso, era tamén príncipe herdeiro de Portugal. A morte da súa nai converteu a Miguel da Paz en Príncipe de Asturias e Xirona, títulos outorgados aos herdeiros das coroas de Castela e de Aragón. Xa que logo, de vivir o suficiente, gobernaría sobre toda a Península Ibérica, as posesións aragonesas no Mediterráneo e as posesións castelás e portuguesas de ultramar.

Miguel da Paz morreu en Granada o 20 de xullo de 1500, sen chegar a cumprir os dous anos de idade e foi sepultado en Toledo. Posteriormente foi trasladado á Capela Real de Granada onde actualmente descansa xunto aos restos da súa tía e o marido dela, Xoana I e Filipe I, e os seus avós, Isabel I e Fernando V.

Unificación ibérica[editar | editar a fonte]

Coa súa morte morreu tamén a posibilidade de que todos os reinos da Península Ibérica unísense baixo un monarca común e que se producise o tan buscado soño da unificación ibérica. Portugal e a xa unificada España non lograrían ter un mesmo monarca ata 1580, trala vitoria española na batalla de Alcántara co goberno da península en mans de Filipe II, Filipe III e Filipe IV de España, aínda que nunhas circunstancias moi diferentes.

Antepasados[editar | editar a fonte]