Xoán II Comneno
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de setembro de 1087 Constantinopla |
| Morte | 8 de abril de 1143 Cilicia |
| Causa da morte | morte accidental, accidente de caza |
| Lugar de sepultura | Mesquita de Zeyrek |
| Emperador do Imperio Romano de Oriente | |
| 15 de agosto de 1118 – 8 de abril de 1143 ← Aleixo I Comneno – Manuel I Comneno → | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Acción política |
| Lugar de traballo | Imperio Bizantino |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Ducas-Comneno |
| Cónxuxe | Irea de Hungría (1104 (Gregoriano)–) |
| Fillos | unknown daughter Comnene, Maria Komnene, Aleixo Comneno, Andrónico Comneno, Isaac Comneno, Theodora Komnene, Eudokia Komnene, Manuel I Comneno, Anna Komnene |
| Pais | Aleixo I Comneno |
| Irmáns | Isaac Comneno Ana Comnena Teodora Comnena Angelina Eudocia Comneno Andrônico Comneno Maria Comnena (filha de Aleixo I) |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.560) New International Encyclopedia |
Xoán II Comneno, nado en Constantinopla o 13 de setembro de 1087 e finado en Cilicia o 8 de abril de 1143, foi un emperador bizantino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo e sucesor de Aleixo I Comneno, interveu na Península Balcánica esmagando os restos dos pechenegos (1122), e interveu tamén en Hungría e Serbia. Menos éxito tivo na súa intervención nas loitas entre pisanos e xenoveses, sen lograr axuda de ningún para aliviar o dominio veneciano do comercio bizantino.
En Oriente logrou impoñer a súa autoridade sobre o principado de Antioquía, e sobre os estratéxicos condados de Edesa e Trípoli. Planeaba o avance cara a Palestina cando foi ferido mortalmente nun accidente de caza.
Foi considerado polos seus contemporáneos como o mellor emperador da dinastía Ducas-Comneno.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Birkenmeier (2002), p. 85
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Birkenmeier, John W. (2002). The Development of the Komnenian Army: 1081–1180 (en inglés). Leiden: Brill. ISBN 90-04-11710-5.