Conrado III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conrado III, nado en 1093 e finado o 15 de febreiro de 1152 en Bamberg, foi un emperador do Sacro Inperio Romano Xermánico, o primeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Federico I, duque de Suabia e de Inés, filla do emperador Henrique IV.

Conrado recibíu do seu tío, o emperador Henrique V, o Ducado de Franconia en 1115, e herdou do seu pai o Ducado de Suabia.

En 1138 foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Enfrontouse cos güelfos e expulsounos de Baviera, pero non puido conseguir Saxonia, outro obxectivo seu, comezando desta forma a rivalidade entre güelfos e xibelinos.

Loitou en Bohemia e Polonia. Participou na Segunda Cruzada, a petición de San Bernardo, xunto ao rei Luís VII de Francia, regresando a Alemaña tras o fracaso da Campaña de Damasco.

Sucedeuno o seu sobriño Federico I Barbarroxa.

Predecesor:
Lotario II
Rei dos Romanos
1127 - 1135 Rei rival
1138 - 1152 Rei lexítimo
con Enrique Berenguer (1147-1150)
Sucesor:
Federico I Barbarroxa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conrado III

Outros artigos[editar | editar a fonte]