Ducado de Spoleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ducado de Spoleto foi un territorio longobardo independente fundado aproximadamente no 570 ao sur de Italia.

Mapa da Italia bizantina e longobarda.
Mapa da Italia bizantina e longobarda.

Historia[editar | editar a fonte]

O ano 568 os longobardos entraron na Península Itálica, ocupando gran parte dela. Crearon o reino longobardo con capital en Pavia e foi dividido en diversos ducados. Parte destes territorios situáronse ao sur do exarcado de Rávena, que aínda controlaba o emperador de Constantinopla. Un deles foi o ducado de Spoleto (na actual Umbría) onde entraron o 570. O interregno longobardo á morte do rei Alboíno deixou os duques independentes de feito e, na práctica, os ducados do sur (Spoleto e Benevento) tiveron un status de estado independente respecto aos reis longobardos, con breves períodos onde os reis puideron impoñer o seu poder.

Á sombra do ducado de Benevento, Spoleto mantívose nun segundo plano dentro da historia longobarda, pero nalgúns momentos os seus territorios eran importantes (Umbría, Lacio, as Marcas, e os Abruzzos). Cabe destacar as incursións que o duque Ariúlfo fixo contra os Bizantinos (579-592 contra Rávena; 592 contra Roma). Sucedeuno Teodelapo, fillo do primeiro duque Faroaldo I. Faroaldo II gobernou conxuntamente co seu irmán Waquilapo, e conquistou Classis, o porto de Rávena e saqueouno, pero o rei dos longobardos fíxolle restituír o botín. Faroaldo II foi derrubado polo seu fillo Transamundo ou Trasimundo II (724), que se sublevou contra o rei longobardo e se aliou co Papa Gregorio III, que o acolleu en Roma cando foi derrubado (739). Hilderico, que o substituíra, foi asasinado por Trasimundo, que recuperou o poder (740), pero o rei longobardo o depuxo e o enviou a un mosteiro (742) e nomeou duque a Axiprando, pero á morte do rei Liutprando, Trasimundo recobrou o ducado ata a súa morte o 745. Os reis longobardos ocuparon a miúdo o ducado persoalmente. Durante a segunda metade do século VIII diversos duques de Spoleto serían tamén reis dos longobardos.

O ducado de Spoleto polo ano 1000.

Dous anos despois da caída do reino longobardo e da ocupación de Benevento, o propio ducado de Spoleto caeu en mans dos francos carolinxios de Carlomagno que tomara o título de rei dos longobardos. A pesar de que o territorio foi dado á igrexa, Carlomagno reservou o dereito de nomear os duques.

O duque Guido I que recibira ademais a señoría de Camerino, repartiu o ducado entre os seus fillos, Lamberto en Spoleto e Guido II en Camerino (con título de duque de Camerino). Lamberto loitou con sarracenos e bizantinos (867) e foi deposto o 871, pero restaurado o 875 e finalmente excomungado polo papa Xoán VIII. O 883 Guido II reuniu os feudos de Spoleto e Camerino.

Á morte de Carlos o Calvo o 888 Guido fíxose coroar emperador e rei de Italia polo Papa Estevo V (891) e no 892 o papa Formoso coroou ao fillo de Guido, Lamberto II, como duque, rei de Italia e emperador.

Alberico I, duque de Camerino (897) e despois de Spoleto (898), casou coa romana Marozia, a amancebada do Papa Serxio III (904-911), pero foi asasinado polos romanos o 924. O seu fillo Alberico II derrocou a Marozia en 932. O 949 o ducado foi ocupado polo rei de Italia e emperador Berengario II. O emperador Odón I segregoulle a terra chamada Sabina Longobardica e cedeuna ao Papa.

Desde entón o ducado foi de nomeamento imperial. O 967 Odón reuniuno ao ducado Benevento e Capua baixo Pandulfo chamado Testa di ferro (‘Cabeza de ferro’) pero á súa morte pasou a Transamundo IV ou Trasimundo IV, que foi duque de Camerino (982-989) e o 989 a Hugo duque de Toscana que o reuniu aos seus dominios ata o 999, e despois outra vez o 1010 (ata o 1020) e o 1043 (ata o 1057). O 1057 Godofredo de Lorena casou con Beatriz, viúva de Bonifacio de Toscana e Spoleto e permaneceu en posesión da casa de Toscana ata o 1158 (agás de 1093 a 1119 en que foi duque Werner II, margrave de Ancona, nomeado polo emperador durante a guerra das investiduras).

O 1155, Frederico I Barbarroxa destruíu a cidade pero foi reconstruída. O 1158 o ducado foi dado a Guelfo VI de Este. A partir de 1172 os duques nomeados polo emperador pertencían á casa alemá dos Urslingen. Á morte de Conrado de Urslingen o 1198 foi cedido ao Papa Inocencio III, pero o 1209 foi ocupado por Odón de Brunswick, que nomeou duque a Dipoldo de Vohburg. Finalmente o 1228 pasou ao Papa baixo un gobernador, xeralmente un cardeal. Aínda que a nivel local foi teatro de loitas entre güelfos e xibelinos, o cardeal Albornoz restaurou o pleno dominio pontificio o 1354.

O título de duque de Spoleto foi usado no século XIX pola casa de Savoia.

Listaxe dos Duques de Spoleto[editar | editar a fonte]

Dependentes do reino dos Longobardos[editar | editar a fonte]

Duques independentes[editar | editar a fonte]

Duques feudatarios do Reino dos Francos[editar | editar a fonte]

Feudatarios de Lotarinxia (843-855) e do Reino de Italia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]