Dinastía Hohenstaufen
Dinastía Hohenstaufen | |
---|---|
Títulos |
|
Fundador | Frederico I de Suabia |
Último gobernante | Conrado IV de Suabia |
Fundación | 1079 |
Disolución | 1268 |
Os Hohenstaufen ou Staufen, tamén coñecidos como xibelinos, foron unha dinastía de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tamén foron monarcas dos reinos de Alemaña e de Sicilia.
Historia
[editar | editar a fonte]A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de Suabia, na actual Baviera, por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos.
O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castelo situado entre Göppingen e Schwäbisch Gmünd (Suabia).
O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é Frederico de Büren. O seu fillo Frederico I, primeiro duque de Suabia, casou coa única filla de Henrique IV en 1079, recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En 1125 herdaron as posesións da dinastía Salia cando se esta se extinguiu.
Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos güelfos. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña (entre 1138 e 1254).
Henrique VI, despois do seu matrimonio coa princesa Constanza de Sicilia, da normanda casa dos Hauteville, apoderouse do Reino de Sicilia, feito que xerou un enfrontamento entre os Hohenstaufen e o papado.
En 1268 morreu decapitado o último dos seus representantes, Conradino.
Membros da dinastía dos Hohenstaufen
[editar | editar a fonte]Emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña
[editar | editar a fonte]- Conrado III, Rei de romanos (1138-1152)
- Frederico I Barbarroxa, emperador (1155-1190)
- Henrique VI, emperador (1191-1197)
- Filipe de Suabia, rei de Alemaña (1198-1208)
- Frederico II, emperador (1220-1250)
- Henrique (VII), Rei de romanos (1220-1235)
- Conrado IV, rei de Alemaña (1237-1254), Rei de romanos
Reis de Sicilia
[editar | editar a fonte]- Henrique VI (1194-1197)
- Frederico II (1198-1250)
- Henrique (VII) (1212-1217) (nominal, asociado co seu pai Frederico II)
- Conrado IV (1250-1254)
- Conradino (1254-1258/1268)
- Manfredo (1258-1266)
Duques de Suabia
[editar | editar a fonte]- Frederico I de Suabia (1079-1105)
- Frederico II de Suabia (1105-1147)
- Frederico I Barbarroxa (Frederico III de Suabia) (1147-1152)
- Frederico IV de Suabia (1152-1167)
- Frederico V de Suabia (1167-1170)
- Frederico VI de Suabia (1170-1191)
- Conrado II de Suabia (1191-1196)
- Filipe de Suabia (1196-1208)
- Frederico II (Frederico VII de Suabia) (1212-1216)
- Henrique (VII) (Henrique II de Suabia) (1216-1235)
- Conrado IV (1235-1254)
- Conradino (Conrado V) (1254-1268)
Emperatrices Romanas
[editar | editar a fonte]- Constanza II de Hohenstaufen (1230-1307)
Brasóns
[editar | editar a fonte]Foi Frederico I o primeiro que usou en heráldica a aguia imperial, un símbolo xa asociado ao Imperio Romano Xermánico. Só a partir do século XIII foron codificadas as regras da heráldica e comezou o uso de superpoñer o escudo da casa á aguia negra imperial (Schwarzer Adler).[1]
O escudo da casa de Suabia era de "ouro con tres leóns negros pasantes". A rama siciliana adoptou unha versión modificada da aguia imperial, substituíndo o campo de oro por un de prata, cunha aguia negra co bico e as patas vermellas.[2]
-
Armas da familia Hohenstaufen
-
Armas dos Hohenstaufen en Sicilia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Empereurs Germaniques Arquivado 25 de decembro de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Royaume de Sicile.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Hohenstaufen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
- Odilo Engels (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Die staufischen Ritter Os cabaleiros suabos (Papel dos Hohenstaufen en Italia) (en alemán). Consultada o 5 de outubro de 2016.