Lingua barasana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua barasana-eduria»)
Barasana
Taiwano
Outros nomes:Barasana-eduria, jãnerã-eduria oca
Falado en: Colombia
Rexións: Amazonas
Total de falantes: 1 900 (citados no censo de 1993)[1]
Familia: Tucano
 Oriental
  Meridional
   Barasana-macuna
    Barasana
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: bsn
Mapa
Status

O barasana está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua barasana ou barasana-eduria, é unha lingua indíxena da familia tucana falada polo pobo barasana en Colombia, na rexión do Amazonas. Pertence á póla oriental da familia lingüística tucana. A poboación de falantes nativos roldaba as 1 990 segundo o censo realizado en 1993.[3] A súa área de distribución é o río Pira Paraná e as marxes da bacía do río Vaupés.[4]

Exemplos[editar | editar a fonte]

Cores:

  • ñĩĩ --> negro
  • boti --> branco
  • sũã --> vermello
  • suri --> yellow

Partes do corpo:

  • hoa --> cabelo
  • kahea --> ollos
  • gãmõrõ --> orellas
  • rise --> boca

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A lingua barasana en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "Barasana-Eduria". Ethnologue. Consultado o 2017-03-08. 
  4. Aikhenvald, Alexandra Y. (2008). "Multilingual Imperatives: The Elaboration of a Category in Northwest Amazonia". International Journal of American Linguistics (en inglés) 74 (2): 189–225. JSTOR 10.1086/587704. doi:10.1086/587704.