Zona especial de conservación A Ramallosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «LIC A Ramallosa»)

Coordenadas: 42°06′55″N 8°48′46″O / 42.1153636, -8.8128484

A Ramallosa
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 92 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Nigrán,Baiona
Ríos: río Miñor
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A Ramallosa é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA).[1] Atópase na desembocadura do río Miñor, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) e San Pedro da Ramallosa (Nigrán).[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limitado ao noroeste polo Monte Lourido e ao sur pola península de Santa Marta, o espazo ocupa o esteiro do río Miñor, case pechado pola frecha litoral da Ladeira. Ademais, tamén conflúen os ríos da Groba e Guillade.[3]

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Nestas marismas, atópanse multitudes de especies, principalmente aves zancudas como, por exemplo, garzas. A zona é de grande afluencia marisqueira e tamén turística. Dende o Observatorio "Foz do Miñor" de Sabarís pode divisarse a fauna e a flora.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "A Ramallosa". 
  2. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España. "Natura 2000 - Standard data form" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/03/2016. Consultado o 30/10/2014.  Arquivado 06/03/2016, en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 "ZEC - Rede Natura 2000 A Ramallosa". Turgalicia. Consultado o 30/10/2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]