A Ramallosa, Nigrán
San Pedro da Ramallosa | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Pedro da Ramallosa. | |
Concello | Nigrán[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°07′03″N 8°48′41″O / 42.117422222222, -8.811475 |
Poboación | 4 817 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro da Ramallosa é unha parroquia do concello de Nigrán. Segundo o IGE en 2013 tiña 4 817 habitantes (2 380 homes e 2 437 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4 129 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello, e está situada no sur do municipio.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Até o século XIII recibiu o nome de San Pedro de Filgueira. Recibe o nome actual desde a construción da ponte da Ramallosa no estuario do río Miñor, que a conecta coa veciña parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (concello de Baiona).[2]
Destaca a gran cantidade de cruceiros espallados por toda a parroquia, así como a capela da San Campio.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atópase a desembocadura do río Miñor e a península de Monte Lourido. Eclesiasticamente, pertence ao arcipretado de Miñor.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte románica na Ramallosa.
-
Cruceiro e capela de San Campio.
-
Esteiro do río Miñor.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Pedro da Ramallosa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Ramallosa no concello de Nigrán (Pontevedra) | |
---|---|
A Area | As Barreiras | O Barrio de Pías | A Cabreira | Camesella | O Carballal | A Carrasca | Os Cotros | O Cruceiro | A Foz | A Golada | A Igrexa | Mallón | O Monte Lourido | A Pereira | A Praia América | A Ramallosa | Rans | A Romana | San Pedro | O Souto | As Tomadas | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | O Viso | A Xesteira | A Xunqueira |
Parroquias de Nigrán
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 265. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ "MIÑOR archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Ramallosa, Nigrán |