O castelo dos Cárpatos
| O castelo dos Cárpatos | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
|
Ilustrador/a
| |||
| Temática | |||
|
Tema principal
| |||
|
Inspirado en
| |||
|
Ambientado en
| |||
|
Obra derivada
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
|
País de orixe
| |||
|
Editorial
| |||
|
Parte da serie
| |||
|
Edicións
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Data de creación
| |||
|
Precedido por
| |||
|
Sucedido por
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata C:Commons | |||
O castelo dos Cárpatos[1] é unha novela en lingua francesa de Jules Verne, publicada inicialmente co título de Le Château des Carpathes. Trátase dunha obra fantástica afastada da temática "científica" de Verne, e nela aprécianse algunhas trazos típicos das novelas de terror. Apareceu na revista periódica Magasin d'Education et de Récréation entre xaneiro de 1892 e decembro do mesmo ano. Esa mesma revista, publicada pola editorial Hetzel para a mocidade, e na que Verne publicou o resto das súas obras, editou a novela como un só volume en outubro, con ilustracións a cor de Léon Benett. Foi traducida ao galego por Ana Iglesias Otero (Urco Editora, 2012)[1] e por Alejandro Tobar (Editorial Hugin e Munin, 2013).[2]
Trama
[editar | editar a fonte]A novela transcorre en diversas poboacións de Transilvania, onde a xente do lugar dunha pequena e supersticiosa aldea queda aterrorizada cando reparan por medio dun anteollos no feito de que sae fume da cheminea dun castelo abandonado, o que fai pensar en presenzas diabólicas. Un gardamontes e mais un médico primeiro, e un conde valaco despois, aventuraranse a desentrañar o misterio, especialmente este último, posto que entre as ruínas do castelo se lle presentará a voz da súa amada morta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O castelo dos Cárpatos. Traducido por Ana Iglesias Otero (1ª ed.). Santiago de Compostela: Urco Editora. 2012. ISBN 978-84-938121-5-7 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O castelo dos Cárpatos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Michel Serres. Orphée en morceaux. in "Jouvences sur Jules Verne". Les Éditions de Minuit. 1974. Pages 251-269.
- Jacques Neefs. Le Château des Carpathes et la question de la représentation. Jules Verne et les sciences humaines. Colloque de Cerisy. Union Générale d'éditions. 1979. Coll. 10/18. Pages 382-409.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As ilustracións orixinaisArquivado 16 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en francés)
- Ficha na web de Urco Editora.
- Ficha Arquivado 14 de marzo de 2017 en Wayback Machine. na web de Editorial Hugin e Munin.