James Fenimore Cooper
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de setembro de 1789 Burlington, Estados Unidos de América (pt) |
| Morte | 14 de setembro de 1851 Cooperstown, Estados Unidos de América (pt) |
| Causa da morte | cirrose hepática |
| Lugar de sepultura | Christ Churchyard (en) |
| Educación | Universidade Yale |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, escritor de literatura infantil, novelista, oficial, biógrafo |
| Período de actividade | 1820 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Non ficción e ficción de aventuras |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Susan Augusta Delancey |
| Fillos | Susan Fenimore Cooper Scarsdale, Charlotte Fenimore Cooper, Paul Fenimore Cooper |
| Pai | William Cooper |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Купер Джеймс Фенимор) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
James Fenimore Cooper, nado en Burlington (Nova Jersey) o 15 de setembro de 1789 e finado en Cooperstown (Estado de Nova York) o 14 de setembro de 1851, foi un popular e prolífico escritor norteamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Particularmente recordado como novelista, Cooper escribiu 34 novelas de aventuras, moitas tratan o tema dos pioneiros.
O derradeiro dos mohicanos considérase por moitos como a súa obra mestra. Esta novela ten lugar na América colonial, durante a Guerra dos Sete Anos (1757-1763), que enfrontou a ingleses e franceses e supuxo a expulsión destes últimos de Norteamérica. Na guerra víronse involucradas as tribos indias locais. De feito, na novela, un grupo de indios huróns aliados dos franceses raptan a Cora e Alice Munro, fillas dun oficial británico. As rapazas serán rescatadas por Ollo-de-Aguia, un leñador branco e os seus compañeiros Chingachgook e Uncas, últimos superviventes da tribo dos mohicanos.
Cooper é un dos autores americanos máis famosos do dezanove, as súas obras traducíronse a case todas as linguas europeas. Balzac admirábao, Victor Hugo definíao como o máis grande do máis grande da novela moderna.
Traducións ao galego
[editar | editar a fonte]Na actualidade só está traducida ao galego a novela O derradeiro dos mohicanos, editada por Xerais en 1993, con tradución de Xela Arias.