Saltar ao contido

Vinte mil leguas baixo dos mares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vinte mil leguas baixo dos mares
Imaxe
 Instancia de
 Título
Vingt Mille Lieues sous les mers (fr)
Twenty Thousand Leagues Under the Sea (en) Editar o valor en Wikidata
 Subtítulo
Tour du monde sous-marin (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Tema principal
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
1869 Editar o valor en Wikidata
 Período
 Data de publicación
20 de marzo de 1869 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Sucedido por
L'Île mystérieuse (1888 - )
Autour de la Lune (1870 - ) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF180410275 Editar o valor en Wikidata
Goodreads1112418 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL1099280W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09hhj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX2034617
Wikidata C:Commons

Vinte mil leguas baixo dos mares[1] (en francés: Vingt mille lieues sous les mers) é unha novela escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905), autor doutras novelas como Da terra á lúa ou A volta ao mundo en oitenta días. Foi publicada en 1870.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A trama está narrada en primeira persoa polo profesor francés Pierre Aronnax, un notable biólogo mariño. Xunto co seu axudante Conseil e o experto arpoador Ned Land, embarcan nunha fragata que persegue un monstro que vive baixo os mares, coñecido co nome de Narval. Logo dun accidente, os tres caen prisioneiros do Capitán Nemo, e son conducidos polos océanos a bordo do submarino Nautilus.

A historia comeza cunha expedición a bordo do buque da mariña de guerra estadounidense Abraham Lincoln ó mando do almirante Farragut que busca dar captura a un estraño cetáceo dun tamaño extraordinario, que seica produciu a desaparición misteriosa de diversas embarcacións. Porén, o buque naufraga ó ser alcanzado por unha tempestade e o profesor Aronnax e o seu acompañante Conseil son rescatados polo arpoador canadense Ned Land, logrando chegar a nado a un lugar seguro. Unha vez a salvo, descobren que non se encontran realmente nunha illa, senón sobre unha estrutura metálica que está sobre a superficie do mar.

No interior do misterioso artefacto coñecen o Capitán Nemo, que lles mostra toda a nave. Aínda que son moi ben tratados, son informados de que os que ingresan no Nautilus e non volverán saír nunca, polo que lles son revelados moitos segredos e recorren diversos lugares, como a mítica Atlántida. A través do personaxe de Aronnax, Jules Verne dá testemuño de varios posibles inventos, como escafandros autónomos para mergullo, fusís con balas eléctricas ou máquinas para produciren aire respirable. Ó mesmo tempo, vanse describindo as paisaxes que van percorrendo nun xigantesco periplo. Algunhas destas paisaxes relatadas son bastante fidedignas, xa que Verne adoitaba basearse nas crónicas e diarios de viaxeiros reais, como no caso do Mar de Ardora. Noutras ocasións o relato provén da súa imaxinación, como na chegada ó Polo Sur.

Despois de moito tempo de aventura, perseguido e practicamente cercado o Nautilus, os tres tripulantes prisioneiros escoitan o capitán Nemo tocar nun piano música «ó xeito escocés» (pulsando só as teclas negras) e os tripulantes repetiren a palabra "Maelstrom". Isto ocorre mentres estaban a fuxir, sendo posteriormente rescatados por uns pescadores.

Malia que se dá a entender que o capitán Nemo e os seus seguidores se suicidan no xigantesco vórtice do Maelstrom, o final queda aberto.

Como noutras das súas obras, nesta novela o autor narra unha viaxe de aventuras, chea de utopías e hipóteses científicas e tecnolóxicas, que co tempo serían reais.

A obra forma parte da serie Viaxes Extraordinarias, constituíndo unha triloxía xunto coas novelas Les Enfants du capitaine Grant e L'Île mystérieuse. Nesta última revélanse os segredos e a verdadeira historia do capitán Nemo.

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. A versión galega débese á tradución de Mercedes Pacheco Vázquez e Llerena Perozo Porteiro, baixo o título Vinte mil leguas baixo dos mares, e foi publicada en Ir Indo.[cando?]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]