Sen novidade na fronte (filme de 2022)
Sen novidade na fronte | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Im Westen nichts Neues |
Director | Edward Berger |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | All Quiet on the Western Front de Erich Maria Remarque |
Intérpretes | |
Música | Volker Bertelmann |
Fotografía | James Friend |
Montaxe | Sven Budelmann |
Estudio | Amusement Park |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Toronto: 12 de setembro de 2022 |
Duración | 147 minutos[1] |
Orixe | Alemaña |
Xénero | Bélico |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81260280 | |
Sen novidade na fronte[2] (en alemán: Im Westen nichts Neues) é un filme alemán de 2022 dirixido por Edward Berger. Baséase na novela homónima de 1929 escrita por Erich Maria Remarque. Está protagonizado por Felix Kammerer, Albrecht Schuch, Daniel Brühl, Sebastian Hülk, Aaron Hilmer, Edin Hasanovic e Devid Striesow. Está ambientado nos últimos anos da primeira guerra mundial, e conta a vida dun soldado alemán, Bäumer, quen, despois de alistarse no exército alemán cos seus amigos, atópase en risco ante as realidades da guerra, esnaquizando as primeiras esperanzas de converterse en heroes.
Sen novidade na fronte estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 12 de setembro de 2022. Recibiu 14 nomeamentos na 76ª edición dos BAFTAs (gañando sete premios, incluído mellor filme). En agosto de 2022, anunciouse que foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] sendo finalmente nomeado en 9 categorías, das cales gañou en catro: mellor filme internacional, mellor fotografía, mellor banda sonora orixinal e mellor deseño de produción. Isto inclúe Sen novidade na fronte na lista dos filmes internacionais máis premiados na historia dos Óscars, xunto con Fanny e Alexander (1982), Wò hǔ cáng lóng (2000) e Gisaengchung (2019).[4] O filme recibiu unha ampla aclamación da crítica pola súa fidelidade á mensaxe antibélica do material orixinal.[5]
Estreouse en liña a través de Netflix o 28 de outubro de 2022,[6] onde conta con opción de subtitulado en galego.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Felix Kammerer como Paul Bäumer
- Albrecht Schuch como Stanislaus "Kat" Katczinsky
- Aaron Hilmer como Albert Kropp
- Moritz Klaus como Franz Müller
- Adrian Grünewald como Ludwig Behm
- Edin Hasanovic como Tjaden Stackfleet
- Daniel Brühl como Matthias Erzberger
- Thibault de Montalembert como xeneral Ferdinand Foch
- Devid Striesow como xeneral Friedrichs
- Andreas Döhler como tenente Hoppe
- Sebastian Hülk[7] como Major Von Brixdorf
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "All Quiet on the Western Front". Festival Internacional de Cinema de Toronto. Consultado o 28 de xullo de 2022.
- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "Sen novidade na fronte". Consultado o 3 de xullo de 2023.
- ↑ Roxborough, Scott (2022-08-24). "Oscars: Germany Picks ‘All Quiet on the Western Front’ for 2023 Race". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2022-08-24.
- ↑ "2023 | Oscars.org | Academy of Motion Picture Arts and Sciences". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2023.
- ↑ "In a German ‘All Quiet on the Western Front,’ History Has a Starring Role". New York Times.
- ↑ "Netflix's 'All Quiet On The Western Front' Shoot Underway in Prague, New Cast Members Join". Variety. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2021. Consultado o 8 de outubro de 2021.
- ↑ "First Look Photos and Cast Revealed for Netflix’s German Film 'All Quiet on the Western Front'". Nerds & Beyond. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2021.