Fitzcarraldo
| Fitzcarraldo | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.
O filme tivo unha produción complicada. Herzog obrigou ó seu equipo a transportar manualmente o barco de vapor de 320 toneladas por un outeiro, o que provocou tres feridos. O protagonista orixinal do filme, Jason Robards enfermou na metade da rodaxe polo que Herzog contou con Kinski, con quen previamente tivera un enfrontamento violento durante a produción de Aguirre, der Zorn Gottes. A súa segunda colaboración non foi mellor e un dos extras mesmo se ofreceu a matar a Kinski.
Foi escollido como candidato de Alemaña do Oeste para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 55ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Klaus Kinski como Brian Sweeney Fitzgerald (Fitzcarraldo)
- Claudia Cardinale como Molly
- José Lewgoy como Don Aquilino
- Miguel Ángel Fuentes como Cholo
- Paul Hittscher como Capitán (Orinoco Paul)
- Huerequeque Enrique Bohórquez como Huerequeque (o cociñeiro)
- Grande Otelo como xefe da estación
- Peter Berling como dono da ópera
- David Pérez Espinosa como xefe do campamento indíxena
- Milton Nascimento como home negro na casa da ópera
- Ruy Polanah como señor do caucho
- Salvador Godínez como misioneiro vello
- Dieter Milz como misioneiro novo
- William "Bill" Rose como notario
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fitzcarraldo na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)