Erich Maria Remarque
Erich Maria Remarque | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Erich Paul Remark |
Nacemento | 22 de xuño de 1898 |
Lugar de nacemento | Osnabrück |
Falecemento | 25 de setembro de 1970 |
Lugar de falecemento | Locarno |
Soterrado | Ronco sopra Ascona Cemetery |
Nacionalidade | Alemaña e Estados Unidos de América |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | escritor, novelista, dramaturgo e guionista |
Cónxuxe | Paulette Goddard, Ilse Jutta Zambona e Ilse Jutta Zambona |
Irmáns | Elfriede Scholz |
Coñecido por | Im Westen nichts Neues, Schatten im Paradies, The Road Back, Spark of Life e The Dream Room |
Premios | Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Cruz de Ferro, Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha e sen etiquetar |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Erich Paul Remark, nado en Osnabrück (Alemaña) o 22 de xuño de 1898 e finado en Locarno (Suíza) o 25 de setembro de 1970 foi un escritor alemán, que empregou o pseudónimo de Erich Maria Remarque.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Remarque participou na primeira guerra mundial, feito que inspirou para escribir a súa máxima obra literaria, Im Westen nichts Neues (1929), historia en que describe con implacable claridade e cálida compaixón o sufrimiento provocado por devandita guerra.
En 1932, Remarque abandonou Alemaña e instalouse no cantón de Tesino, Suíza. Considérase a Remarque como un dos máis famosos inimigos do nazismo. En 1933 destruíronse obras súas durante as queimas públicas de libros que levaron a cabo os nazis en Alemaña entre o 10 de maio e o 21 de xuño. En 1939 emigrou aos Estados Unidos xunto coa súa primeira esposa Ilse Jutta Zambona, coa que casou e se divorciou dúas veces. Ambos nacionalizáronse cidadáns estadounidenses en 1947. Ao ano seguinte regresou a Europa.
En 1958 casou coa actriz Paulette Goddard coa que permaneceu ata a súa morte en 1970.
Obra[editar | editar a fonte]
Novelas[editar | editar a fonte]

- (1920) Die Traumbude. Ein Künstlerroman
- (escrita en 1924, publicada en 1998) Gam
- (1928) Station am Horizont
- (1929) Im Westen nichts Neues
- (1931) Der Weg zurück
- (1936) Drei Kameraden
- (1939) Liebe deinen Nächsten
- (1945) Arc de Triomphe
- (1952) Der Funke Leben
- (1954) Zeit zu leben und Zeit zu sterben
- (1956) Der schwarze Obelisk
- (1961) Der Himmel kennt keine Günstlinge (serializada como Geborgtes Leben)
- (1962) Die Nacht von Lissabon
- (1970) Das gelobte Land
- (1971) Schatten im Paradies
Outros traballos[editar | editar a fonte]
- (1931) Der Feind, relatos
- (1955) Der letzte Akt, guión
- (1956) Die letzte Station, obra de teatro
- (1988) Die Heimkehr des Enoch J. Jones, obra de teatro
- (1994) Ein militanter Pazifist, entrevistas e ensaios
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Parvanová, Mariana (2010). "... das Symbol der Ewigkeit ist der Kreis". Eine Untersuchung der Motive in den Romanen von Erich Maria Remarque (en alemán). München: GRIN-Verlag. ISBN 978-3-640-64739-2.
- Parvanová, Mariana (2009). E. M. Remarque in der kommunistischen Literaturkritik in der Sowjetunion und in Bulgarien (en alemán). Remscheid: ReDiRoma Verlag. ISBN 978-3-86870-056-5.