Categoría Primera A
Categoría Primera A | |
---|---|
Fundación | 1948 |
Rexión | ![]() |
Equipos | 20 |
Actual campión | América de Cali (14) |
Máis laureado | Atlético Nacional (16) |
Sitio web | Páxina oficial |
A Categoría Primera A é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa en Colombia, organizada pola División Mayor del Fútbol Colombiano "Dimayor", que pertence á Federación Colombiana de Fútbol.
A primeira edición do campionato colombiano disputouse no ano 1948, composta por 12 equipos; con 2 equipos de Bogotá, 2 de Cali, 2 de Medellín, 2 de Manizales, 1 de Barranquilla e 1 de Pereira; resultando campión o Santa Fe CD de Bogotá. Dende 1948 ate 2011 14 clubs teñen acadado polo menos 1 título de campión, sendo os máis laureados o Millonarios FC de Bogotá e o Atlético Nacional de Medellín, con 14 títulos cada un. O actual campión é o CPD Junior de Barranquilla.
Dende 2002 dispútanse dous torneos por tempada, Apertura e Finalización, saindo dous equipos campións cada ano. Cada torneo componse por unha tempada regular de 18 xornadas, nas que cada equipo enfróntase unha vez cos outros 17, mais un encontro extra de rivalidade rexional. Trala tempada regular os 8 primeiros equipos da táboa clasificatoria dispútanse o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias polo título parten da rolda de cuartos de final, e son a ida e volta, incluída a propia final.
Os equipos campións do torneo Apertura e do torneo Finalización, así como o restante equipo que máis puntos acada na suma dos 2 torneos, teñen dereito a disputar a Copa Libertadores no ano seguinte.
A representación dos equipos da liga colombiana na máxima competición continental ó longo da historia foi pouco salientable. Dende 1960 ate 2011 houbo 9 finais da Copa Libertadores con presenza de equipos desta liga, das cales só 2 remataron coa vitoria colombiana, en 1989 (CDC Atlético Nacional) e 2004 (CD Once Caldas).
Equipos 2012[editar | editar a fonte]

Na táboa de equipos que participarán polo título do torneo Apertura 2012 cabe salientar a ausencia do CD América, que descendeu de categoría en 2011.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Na seguinte táboa amósase o palmarés da liga colombiana de fútbol segundo o número de títulos acadados por cada club. No caso de igual número de campionatos obtidos, vai en primeiro lugar o equipo con máis subcampionatos. Así, Millonarios FC ten 9 subcampionatos, mentres CD América ten 7.
Nº Títulos | Equipo | Campionatos obtidos |
---|---|---|
16 | ![]() |
1954, 1973, 1976, 1981, 1991, 1994, 1999, Ap-2005, Ap-2007, Fi-2007, Ap-2011, Ap-2013, Fi-2013, Ap-2014, Fi-2015, Ap-2017 |
15 | ![]() |
1949, 1951, 1952, 1953, 1959, 1961, 1962, 1963, 1964, 1972, 1978, 1987, 1988, Fi-2012, Fi-2017 |
14 | ![]() |
1979, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1990, 1992, 1996/97, 2000, 2001, Ap-2002, Fi-2008, Fi-2019 |
9 | ![]() |
1965, 1967, 1969, 1970, 1974, 1995-96, 1998, Fi-2005, Ap-2015 |
9 | ![]() |
1948, 1958, 1960, 1966, 1971, 1975 |
8 | ![]() |
1977, 1980, 1993, 1995, Fi-2004, Ap-2010, Fi-2011, Fi-2018 |
6 | ![]() |
1955, 1957, Fi-2002, Ap-2004, Fi-2009, Ap-2016 |
4 | ![]() |
1950, Ap-2003, Ap-2009, Fi-2010 |
2 | ![]() |
Fi-2003, Ap-2018 |
1 | ![]() |
1956 |
1 | ![]() |
Ap-2006 |
1 | ![]() |
Fi-2006 |
1 | ![]() |
Ap-2008 |
1 | ![]() |
1968 |