A Copa Suramericana é a segunda competición continental de fútbol a nivel de clubs en Suramérica. Organizada pola Conmebol, comezou a disputarse en 2002.
As diferenzas entre a Copa Libertadores e a Copa Suramericana son as seguintes:
A Copa Libertadores dispútase no primeiro semestre do ano, e a Copa Suramericana no segundo semestre do ano.
A Copa Libertadores ten unha fase de grupos como a Liga de Campións da UEFA, que da paso a uns oitavos de final, mentres que a Copa Suramericana ten o mesmo formato que a Copa do Rei española, polo tanto non hai grupos, e dende o comezo ata a final todo son eliminatorias directas.
Na Copa Libertadores compiten os mellores equipos de cada liga, mentres que na Copa Suramericana compiten os seguintes mellores equipos de cada liga. Por exemplo, cada ano van á Copa Libertadores o 1º, 2º e 3º da liga peruana, mentres que o 4º, 5º e 6º va á Copa Suramericana. En outras ligas como a de Venezuela ou Colombia, clasifícase para a Copa Suramericana o campión do torneo nacional de copa.
Na Copa Libertadores cada país membro da Conmebol clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina e o Brasil que clasifican a 5. Na Copa Suramericana cada país clasifica a 3 equipos, menos a Arxentina que clasifica a 6 equipos, e o Brasil que clasifica a 8.