Saltar ao contido

Maspalomas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maspalomas
 Nome orixinal
    Maspalomas (es) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    Maspalomensi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
 Altitude
   0 m Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Dunas de Maspalomas

Maspalomas é unha localidade do concello de San Bartolomé de Tirajana, no extremo sur da illa de Gran Canaria. É o principal núcleo turístico da illa.

Trátase dunha cosmopolita urbe turística que conforma un enclave urbano de aproximadamente 33.000 habitantes empadroados (2005) e máis de 180.000 camas (entre hoteleiras, extrahoteleiras e residenciais), que representan o 70% das prazas de toda Gran Canaria (2006). Encóntrase preto da autoestrada GC-1, que a conecta co Aeroporto de Gran Canaria en 15 minutos e coas Palmas de Gran Canaria en 25..

A praia de Maspalomas comprende dende a Playa del Inglés ata o Faro de Maspalomas e na súa superficie conta cunha zona acoutada como praia nudista. Dentro dos seus límites sitúanse as Dunas de Maspalomas e a Poza de Maspalomas, dous espazos naturais de grande interese turístico e científico, que foron declarados zonas protexidas.[1]

  1. ": Reserva Natural Especial das Dunas de Maspalomas (C-7).". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 06 de xullo de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]