Gándaras de Budiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°06′55″N 8°38′12″O / 42.1151618, -8.6366027

Gándaras de Budiño
Gándaras de Budiño
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, BIC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 727 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: O Porriño, Salceda de Caselas e Tui
Ríos: río Louro
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

As gándaras de Budiño son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está formado por un conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Tui, preto da vila do Porriño. É unha das maiores extensión de lagoas e outras augas continentais de Galiza.

Están declaradas ben de interese cultural grazas aos xacementos arqueolóxicos acheulenses.[1]

Xeografía e xeoloxía[editar | editar a fonte]

Esta zona húmida formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreo afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recuberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m de altitude.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico[editar | editar a fonte]

Nas Gándaras de Budiño atopouse unha estación do Paleolítico inferior en 1961. Descubriunas o francés Henri Noon, realizando unhas investigacións xeomorfolóxicas, e Emiliano Aguirre investigouna en 1963. Henri Noon publicou en 1966 investigacións detallando como ese asentamento tiña referencias estratigráficas detalladas.

Existen cinco niveis arqueolóxicos. No quinto no que se atoparon útiles e clasificaronse como achelenses ou camposanquienses que corresponden a un depósito do Plistoceno medio.[2][3] Os materiais utilizados para a fabricación dos útiles foron o cuarzo e a cuarcita (nunha proporción mínima o cristal de rocha), téndose destinado cada tipo de cuarzo a un útil distinto. Técnicas de datación con carbono 14 indican unha idade deses restos de entre 182-28.7 mil anos. A estratigrafía corresponde ao Würm I local, que equivale aos Würm I e II europeos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consello da cultura, eds. (22/2/2007). "As gándaras de Budiño, no Porriño, supoñen un humidal único no que se mesturan valores naturais e históricos". Santiago de Compostela. 
  2. Mendez-Quintas, Eduardo (25/10/2007-10-25). "El yacimiento achelense de As Gándaras de Budiño: la industria en facies fluviales". Complutum 18. 
  3. Arturo de Lombera Hermida, Xosé Pedro Rodríguez Álvarez (coord. por Eudald Carbonell, José María Bermúdez de Castro, Juan Luis Arsuaga; Robert Sala Ramos (aut.)) (2014). "Los cazadores recolectores del Pleistoceno y del Holoceno en Iberia y el Estrecho de Gibraltar: Estado actual del conocimiento del registro arqueológico" (en español): 15–18. ISBN 978-84-92681-85-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]