Area

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Area

A area é unha substancia granulosa ou pulverulenta proveniente da descomposición das rochas, estanto por tanto formada por un conxunto de partículas de rochas disgregadas.

En xeoloxía denomínase area ao material composto de partículas cuxo tamaño varía entre 0,063 e 2 mm. Unha partícula individual dentro deste rango é chamada gran de area. Unha roca consolidada e composta por estas partículas denomínase arenita (Sin. psamita)

As partículas por baixo dos 0,063 mm e ata 0,004 mm denomínanse limo, e por riba da medida do gran de area e ata os 64 mm denomínanse grava.

Compoñentes e características[editar | editar a fonte]

Area de praia

O compoñente máis común da area, en terra continental e nas costas non tropicais, é o sílice, xeralmente en forma de cuarzo. Con todo, a composición varía de acordo aos recursos e condicións locais da roca. Gran parte da fina area achada nos arrecifes de coral, por exemplo, é calcaria moída que pasou pola dixestión do peixe papagaio. Nalgúns lugares hai area que contén ferro, feldespato ou, ata, xeso.

Segundo o tipo de rocha da que procede, a area pode variar moito en aparencia. Por exemplo, a area volcánica é de cor negra mentres que a area das praias con arrecifes de coral adoita ser branca.

A area é transportada polo vento, tamén chamada area eólica (podendo provocar o fenómeno coñecido como calima) e a auga, e depositada en forma de praias, dunas, médanos, etc. No deserto, a area é o tipo de chan máis abundante. A granulometría da area eólica está moi concentrada ao redor de 0,2 mm de diámetro das súas partículas.

Os chans arenosos son ideais para certas plantacións, como a sandía e o maní, e son xeralmente preferidos para a agricultura intensiva polas súas excelentes características de drenaxe.

Especialmente os nenos, utilizan a area para realizar construcións como castelos de area ou túneis.

A area utilízase para fabricar cristal polas súas propiedades tales como extraordinaria dureza, perfección do cristal ou alto punto de fusión, e, xunto coa grava e o cemento, é un dos compoñentes básicos do formigón.

Atributos físicos[editar | editar a fonte]

O volume dun gran de area de cuarzo, dun diámetro de 0,06 mm (o límite inferior), é 1,13 × 10?13 m3 cunha masa de 3 × 10-13 g. No límite superior, o volume e a masa dun gran de area con diámetro de 2,10 mm son 4,85 × 10-9 m3 e 1,28 × 10-8 g

Granulometría[editar | editar a fonte]

Dentro da clasificación granulométrica das partículas do chan, as areas ocupan o seguinte lugar no escalafón:

lixo nos ollos
Granulometría Partícula Tamaño
Arxilas < 0,002 mm
Limos 0,002-0,06 mm
Areas 0,06-2 mm
Gravas 2 mm-6 cm
Cantos rodados 6-25 cm
Bloques >25 cm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]