Richard Neutra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richard Neutra
Nacemento8 de abril de 1892
 Viena
Falecemento16 de abril de 1970
 Wuppertal
NacionalidadeAustria e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade Técnica de Viena
Ocupaciónarquitecto
PaiSamuel Neutra
FillosDion Neutra
IrmánsJosephine Weixlgärtner e Wilhelm Neutra
PremiosMedalla de Ouro do AIA, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Ring of Honour of the City of Vienna, Medalha Wilhelm Exner e Premio cidade de Viena de arquitectura
editar datos en Wikidata ]

Richard Neutra, nado en Viena o 8 de abril de 1892 e finado en Wuppertal (Alemaña) o 16 de abril de 1970, foi un arquitecto austríaco, nacionalizado estadounidense, considerado un dos arquitectos máis importantes do movemento moderno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casa Kaufman (1946) en Palm Springs, California

Richard Josef Neutra naceu en Viena o 8 de abril de 1892. Estudou arquitectura na Universidade Técnica de Viena e asistiu tamén a clases na escola de construción de Adolf Loos, un dos arquitectos que máis respectaba. En 1912 coñeceu a Rudolf Schindler, un arquitecto co que trabou amizade, ata que se produciu un conflito entre eles. Participou como oficial de artillería do exército austríaco, durante a primeira guerra mundial. Finalizada a guerra, Neutra ingresou nun sanatorio próximo a Zúric para recuperarse dunha malaria e de síntomas de tuberculose. Terminada a súa formación, Neutra traballou en Zúric, no despacho do xardineiro paisaxista Gustav Ammann. En Zúric coñeceu a Dione, filla do arquitecto Alfred Niedermann. Logo marchou a Berlín, onde gañou a vida un tempo traballando nun teatro e como debuxante publicitario, antes de incorporarse á oficina municipal de obras públicas e urbanismo de Luckenwalde, unha localidade ao sur de Berlín, no distrito de Branderburgo. Alí coñeceu ao arquitecto Erich Mendelsohn, do que se converteu en asistente no seu estudio de Berlín.

En 1922 contraeu matrimonio con Dione Niedermann e en 1923 emigrou aos Estados Unidos. Pasou un tempo en Nova York e Chicago, onde traballou nun estudio de arquitectura. Neutra tivo a oportunidade de coñecer a Louis Sullivan antes da súa morte. Cando faleceu, coñeceu conoció a Frank Lloyd Wright no funeral de Sullivan, no cemiterio de Graceland. Neutra admiraba a Wright e o respecto que tiña polo arquitecto estadounidense levouno a chamar ao seu primeiro fillo Frank Lloyd. Tras aquel primeiro encontro, Wright levouno ao seu estudio de Taliesin, Wisconsin, onde traballou nalgúns proxectos.

Arredor de 1925 Neutra mudouse a California, para traballar no estudio de Schindler. Instalouse definitivamente nos Ánxeles, onde abriu o seu propio despacho en 1926. Comezou a deseñar uns proxectos que incorporaban criterios novidosos, como a estrutura de formigón armado e reforzos metálicos nas xanelas. Tamén deseñou vivendas prefabricadas que denominou "One Plus Two" (un máis dous) e traballou nun proxecto de cidade de futuro. En 1927 publicou o seu libro "Wie baut Amerika?", que se publicou en Stuttgart o ano seguinte, e que chamou a atención no sector. Recibiu o encargo da casa de Salud Lovell. Para esta obra deseñou un esqueleto de aceiro que requiría unha montaxe en moi pouco tempo.

A casa Lovell tiña unha importancia comparable á dos edificios de aceiro e de cristal da arquitectura europea naquela época, polo que a través desta casa se coñeceu en Europa a arquitectura dos Ánxeles. Orixinariamente, a casa Lovell ía ser deseñada por Schindler, mentres que Neutra se encargaría do axardinamento, mais por un conflito, Lovell decidiu traspasar o proxecto a Neutra, o que distanciou os dous amigos durante varios anos. Volvéronse atopar en 1953 cando lles asignaron camas adxacentes nun hospital.

Nos anos seguintes, Neutra foi fundador e profesor da Academia de Artes Modernas nos Ánxeles. Ademais, traballou en numerosos proxectos e foi experimentando en todos eles con novos materiais e novas estruturas. Durante a segunda guerra mundial, cando non se podían conseguir materiais de construción especiais, Neutra empregou nalgunhas obras madeira de piñeiro, ladrillos e vidro.

A partir de 1949 estableceu unha colaboración con Robert E. Alexander, que durou dez anos. Xuntos proxectaron tamén edificios máis importantes e de carácter público, como igrexas, colexios, clínicas e edificios de oficinas. En 1954 escribiu un novo libro, Survival through Design, en que expuxo as súas ideas sobre unha arquitectura que ten en conta o factor humano nos seus deseños.

En 1955, o Departamento de Estado dos Estados Unidos encargou a Neutra o deseño dunha nova embaixada en Karachi. O nomeamento de Neutra formou parte dun ambicioso programa de comisións arquitectónicas a arquitectos célebre, que incluíron embaixadas de Walter Gropius en Atenas, Edward Durell Stone en Nova Delhi, Marcel Breuer na Haia, Josep Lluís Sert en Bagdad e Eero Saarinen en Londres.

En 1965 Neutra formou unha sociedade co seu fillo Dion, tamén arquitecto, e durante os seus últimos anos cedeulle gradualmente o control do seu estudio.[1] Entre 1960 e 1970, Neutra proxectou e construíu oito villas en Europa, catro en Suíza, tres en Alemaña e unha en Francia. Entre os clientes máis destacados neste período atópanse Gerd Bucerius, editor de Die Zeit, así como figuras do comercio e da ciencia.

Neutra faleceu en Wuppertal, Alemaña, o 16 de abril de 1970, aos 78 anos, durante unha xira de conferencias.

Estilo arquitectónico[editar | editar a fonte]

Foi célebre pola atención que prestou á definición das necesidades reais dos seus clientes, independentemente do tamaño do proxecto, en contraste con outros arquitectos desexosos de impoñer a súa visión artística a un cliente. Neutra empregaba ás veces cuestionarios detallados para descubrir as necesidades do seu cliente. A súa arquitectura doméstica era unha mestura de arte, paisaxe e comodidade práctica.

Nun artigo publicado en 1947 por The Hills, "The Changing House", Neutra dá énfase ao plan "listo para calquera cousa", enfatizando un plan aberto e multifuncional para espazos de vida flexibles, adaptables e doadamente modificables para calquera tipo de vida ou acontecemento.

Neutra tiña unha aguda sensación de ironía. Na súa autobiografía Life and Shape, incluíu unha anécdota lúdica sobre un produtor-cliente anónimo de cinema que electrificou o foso arredor da casa que Neutra deseñou para el. Este era un relato moi embelecido dun cliente real, Josef von Sternberg, que de feito tiña unha casa con foso, pero non electrificado. A novelista e filósofa Ayn Rand, que tratara sobre a arquitectura na súa novela The Fountainhead, foi a segunda propietaria da casa Von Sternberg no val de San Fernando (agora destruída). Fíxose famosa unha foto de Julius Shulman de Neutra e Rand.

As primeiras acuarelas e debuxos de Neutra, a maioría dos lugares aos que viaxou (particularmente as súas viaxes aos Balcáns na primeira guerra mundial) e os esbozos de retratos, mostraron influencia de artistas como Gustav Klimt ou Egon Schiele. Eles son unha mostra do desenvolvemento da inclinación de Neutra cara ao debuxo.

Legado[editar | editar a fonte]

O fillo de Neutra, Dion, mantivo as oficinas de Silver Lake deseñadas e construídas polo seu pai como "Richard & Dion Neutra Architecture" nos Ánxeles.[2] O edificio figura no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.

En 1980, a viúva de Neutra doou a Casa Van der Leeuw (Casa de Investigación VDL), valorada en 207 500 dólares, á Universidade Politécnica do Estado de California, Pomona para ser empregada pola Facultade de Deseño Ambiental da universidade. En 2011, a Casa Kronish deseñada por Neutra (1954) no 9439 Sunset Boulevard en Beverly Hills vendeuse por 12,8 millóns de dólares.[3]

En 2009, a exposición "Richard Neutra, Architect: Sketches and Drawings" na Biblioteca Central dos Ánxeles ofreceu unha selección de esbozos das viaxes de Neutra, debuxos de figuras e representacións de edificios. Unha exposición sobre o traballo do arquitecto en Europa entre 1960 e 1979 foi montada polo MARTa en Herford, Alemaña.

O renacemento de finais da década de 1990 do modernismo arquitectónico californiano de mediados de século deu nova vida ao seu traballo, como as casas e estruturas públicas construídas polos arquitectos John Lautner e Rudolf Schindler. A casa do deserto de Kaufmann foi restaurada por Marmol Radziner+Associates a mediados desa década.

A tipografía Neutraface, deseñada por Christian Schwartz para House Industries, baseouse nos principios de arquitectura e deseño de Richard Neutra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Jardinette Apartments, 1928, Hollywood, California
  • Lovell House, 1929, Os Ánxeles, California
  • Mosk House, 1933, 2742 Hollyridge Drive, Hollywood
  • Nathan and Malve Koblick House, 1933, 98 Fairview Avenue, Atherton, California
  • Universal-International Building (Laemmle Building), 1933, Hollywood
  • Scheyer House, 1934, Blue Heights Drive, Hollywood Hills, Os Ánxeles
  • William and Melba Beard House (with Gregory Ain), 1935, 1981 Meadowbrook, Altadena
  • California Military Academy, 1935, Culver City
  • Corona Avenue Elementary School, 1935, 3835 Bell Avenue, Bell, California
  • Largent House, 1935, corner of Hopkins and Burnett Avenues, San Francisco
  • Von Sternberg House, 1935, San Fernando Valley
  • Neutra VDL Studio and Residences (also known as Van der Leeuw House or VDL Research House), 1932, Os Ánxeles, California
  • Sten and Frenke House (Los Angeles Historic-Cultural Monument #647), 1934, 126 Mabery Road, Santa Monica
  • The Neutra House Project, 1935, Restoration of the Neutra "Orchard House" in Los Altos, California[4]
  • Josef Kun House, 1936, 7960 Fareholm Drive, Nichols Canyon, Hollywood Hills, Los Angeles, California[5]
  • George Kraigher House, 1937, 525 Paredes Line Road, Brownsville, Texas
  • Landfair Apartments, 1937, Westwood, Los Angeles, California
  • Strathmore Apartments, 1937, Westwood, Los Angeles, California
  • Aquino Duplex, 1937, 2430 Leavenworth Street, San Francisco
  • Leon Barsha House (with P. Pfisterer), 1937, 302 Mesa Road, Pacific Palisades, California
  • Miller House, 1937, Palm Springs, California
  • Windshield House, 1938, Fisher's Island, New York
  • Lewin House, 1938, 512 Ocean Front Walk, Santa Monica, Los Angeles
  • Emerson Junior High School, 1938, 1650 Selby Avenue, West Los Angeles, California
  • Ward-Berger House, 1939, 3156 North Lake Hollywood Drive, Hollywood Hills, Los Angeles, California
  • Kelton Apartments, Westwood, Los Angeles
  • Beckstrand House, 1940, 1400 Via Montemar, Palos Verdes Estates, Los Angeles
  • Bonnet House, 1941, Hollywood Hills, Los Angeles, California
  • Neutra/Maxwell House, 1941, Angelino Heights, Los Angeles
  • Van Cleef Residence, 1942, 651 Warner Avenue, Westwood, Los Angeles
  • Channel Heights Housing Projects, 1942, San Pedro, California
  • John Nesbitt House, 1942, 414 Avondale, Brentwood, Los Angeles
  • Kaufmann Desert House, 1946, Palm Springs, California[6]
  • Stuart Bailey House, 1948, Pacific Palisades, California (Case Study 20A)
  • Case Study Houses #6, #13, #21A[7]
  • Schmidt House, 1948, 1460 Chamberlain Road, Linda Vista, Pasadena, California
  • Joseph Tuta House, 1948, 1800 Via Visalia, Palos Verdes, California
  • Holiday House Motel, 1948, 27400 Pacific Coast Highway, Malibu, California
  • Elkay Apartments, 1948, 638-642 Kelton Avenue, Westwood, Os Ánxeles
  • Gordon Wilkins House, 1949, 528 South Hermosa Place, South Pasadena, California[8]
  • Alpha Wirin House, 1949, 2622 Glendower Avenue, Los Feliz, Os Ánxeles
  • Hines House, 1949, 760 Via Somonte, Palos Verdes, California
  • Atwell House, 1950, 1411 Atwell Road, El Cerrito, California
  • Nick Helburn House, 1950, Sourdough Road, Bozeman, Montana
  • Neutra Office Building — Neutra's design studio from 1950 to 1970
  • Everist House, 1951, 200 W. 45th Street, Sioux City, Iowa
  • Moore House, 1952, Ojai, California (recibiu o premio AIA)
  • Perkins House, 1952–55, 1540 Poppypeak Drive, Pasadena, California
  • Schaarman House, 1953, 7850 Torreyson Drive, Hollywood Hills
  • Kester Avenue Elementary School (with R. E. Alexander), 1953, 5353 Kester Avenue, Os Ánxeles
  • Olan G. and Aida T. Hafley House, 1953, 5561 East La Pasada Street, Long Beach[9]
  • Brown House, 1955, 10801 Chalon Road, Bel Air, Os Ánxeles
  • Kronish House, 1955, Beverly Hills, California
  • Sidney R. Troxell House, 1956, 766 Paseo Miramar, Pacific Palisades, California[10]
  • Clark House, 1957, Pasadena, California
  • Airman's Memorial Chapel, 1957, 45549 Bauer Street, Miramar, California
  • Ferro Chemical Company Building, 1957, Cleveland, Ohio
  • The Lew House, 1958, 1456 Sunset Plaza Drive, Os Ánxeles
  • Connell House, 1958, Pebble Beach, California
  • Mellon Hall and Francis Scott Key Auditorium, 1958, St. John's College, Annapolis, Maryland
  • Riviera United Methodist Church, 1958, 375 Palos Verdes Boulevard, Redondo Beach
  • Loring House, 1959, 2456 Astral Drive, Os Ánxeles (ampliada por Escher GuneWardena Architecture, 2006)
  • Singleton House, 1959, 15000 Mulholland Drive, Hollywood Hills
  • Oyler House, 1959 Lone Pine, California
  • Garden Grove Community Church, Community Church, 1959 (Fellowship Hall and Offices), 1961 (Sanctuary), 1968 (Tower of Hope), Garden Grove, California
  • Three senior officer's quarters on Mountain Home Air Force Base, Idaho, 1959
  • Julian Bond House, 1960, 4449 Yerba Santa, San Diego, California
  • R.J. Neutra Elementary School, 1960, Naval Air Station Lemoore, in Lemoore, California (diseñada en 1929)
  • Palos Verdes High School, 1961, 600 Cloyden Road, Palos Verdes, California
  • Haus Rang, 1961, Königstein im Taunus, Alemaña
  • Hans Grelling House/Casa Tuia on Monte Verità, 1961, Strada del Roccolo 11, Ascona, Tesino, Suíza
  • Los Angeles County Hall of Records, 1962, Os Ánxeles, California.
  • Gettysburg Cyclorama, 1962, Gettysburg National Military Park, Pennsylvania
  • Gonzales Gorrondona House, 1962, Avenida la Linea 65, Sabana Grande, Caracas, Venezuela
  • Bewobau Residences, 1963, Quickborn cerca de Hamburgo, Alemaña
  • Mariners Medical Arts, 1963, Newport Beach, California
  • Painted Desert Visitor Center, 1963, Petrified Forest National Park, Arizona
  • United States Embassy, (despues US Consulate General hasta 2011), 1959, Karachi, Pakistán
  • Swirbul Library, 1963, Adelphi University, Garden City, Nova York
  • Kuhns House, 1964, Woodland Hills, Os Ánxeles, California
  • Rice House (National Register of Historic Places), 1964, 1000 Old Locke Lane, Richmond, Virginia
  • VDL II Research House, 1964, (reconstruída por Dion Neutra) Os Ánxeles, California[11][12]
  • Rentsch House, 1965, Wengen preto de Berna en Suíza; paisaxista: Ernst Cramer
  • Ebelin Bucerius House, 1962-1965, Brione sobre Minusio en Suíza; paisaxista: Ernst Cramer
  • Haus Kemper, 1965, Wuppertal, Alemaña
  • Casa González-Gorrondona, 1965, Caracas, Venezuela
  • Sports and Congress Center, 1965, Reno, Nevada
  • Delcourt House, 1968–69, Croix, Nord, Francia
  • Haus Pescher, 1969, Wuppertal, Alemaña
  • Haus Jürgen Tillmanns, 1970, Stettfurt, Thurgau, Suíza

Obras perdidas[editar | editar a fonte]

Unha das estruturas máis famosas e fotografiadas das deseñadas por Neutra foi a Casa Maslon de Rancho Mirage, California en 1962, que foi demolida en 2002.[13]

O edificio Cyclorama de Neutra en Gettysburg foi demolido polo servizo do parque nacional entre o 8 e o 9 de marzo de 2013.[14]

Galería[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1927: Wie Baut Amerika? (How America Builds) (Julius Hoffman)
  • 1930: Amerika: Die Stilbildung des neuen Bauens in den Vereiningten Staaten (Anton Schroll Verlag)
  • 1935: "New Elementary Schools for America". Architectural Forum 65 (1): 25–36. xaneiro de 1935. 
  • 1948: Architecture of Social Concern in Regions of Mild Climate (Gerth Todtman)
  • 1951: Mysteries and Realities of the Site (Morgan & Morgan)
  • 1954: Survival Through Design (Oxford University Press)
  • 1956: Life and Human Habitat (Alexander Koch Verlag).
  • 1961: Welt und Wohnung (Alexander Kock Verlag)
  • 1962: Life and Shape: an Autobiography (Appleton-Century-Crofts), reimpreso en 2009 (Atara Press)
  • 1962: Auftrag für morgen (Claassen Verlag)
  • 1962: World and Dwelling (Universe Books)
  • 1970: Naturnahes Bauen (Alexander Koch Verlag)
  • 1971: Building With Nature (Universe Books)
  • 1974: Wasser Steine Licht (Parey Verlag)
  • 1977: Bauen und die Sinneswelt (Verlag der Kunst)
  • 1989: Nature Near: The Late Essays of Richard Neutra (Capra Press)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Richard Neutra | MoMA". The Museum of Modern Art (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  2. "The Firm - Richard and Dion Neutra Architecture". Richard and Dion Neutra Architecture (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  3. Beale, Lauren (14 de outubro de 2011). "Richard Neutra-designed Kronish house sells for $12.8 million". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  4. The Neutra House Project
  5. "Devo rocker's new trio works to restore Neutra's Kun House". Los Angeles Times (en inglés). 21 de novembro de 2014. ISSN 0458-3035. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  6. Wyatt, Edward (31 de outubro de 2007). "Kaufmann House - Richard Neutra - Christie’s - Architecture". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  7. "The Mystery of Case Study House No. 13 | Reports, Reviews & Sections > Case Studies from AllBusiness.com". 21 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2010.  Parámetro descoñecido |datacceso= ignorado (Axuda)
  8. "NCMH Richard Neutra". www.trianglemodernisthouses.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  9. "Neutra restoration in Long Beach honors time and patina". Los Angeles Times (en inglés). 2 de maio de 2015. ISSN 0458-3035. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  10. "Land+Living: Troxell Residence v.2". 23 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2006. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  11. "Clock's ticking for Neutra house - Los Angeles Times". 24 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2008. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  12. "Neutra's VDL House; v. Hard Times". Archinect (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  13. Dunning, Brad (21 de abril de 2002). "Style; A Destruction Site". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  14. "The death of the Gettysburg Cyclorama building - Evening Sun". 13 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2013. Consultado o 21 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]