Erich Mendelsohn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Erich Mendelsohn
Erich Mendelsohn cropped.jpg
Nacemento21 de marzo de 1887
 Olsztyn
Falecemento15 de setembro de 1953 e 16 de setembro de 1953
 San Francisco
NacionalidadeReino Unido, Alemaña e Estados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Múnic e Universidade Técnica de Munique
Ocupaciónarquitecto e fotógrafo
Coñecido porTorre Einstein
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

Erich Mendelsohn, nado en Allenstein (Prusia Oriental, hoxe Polonia) o 21 de marzo de 1887 e finado en San Francisco (California) o 15 de setembro de 1953,[1] foi un arquitecto alemán de orixe xudía, coñecido pola súa arquitectura expresionista da década de 1920, ademais de por desenvolver un funcionalismo dinámico nos seus proxectos para tendas e cines. Mendelsohn é un pioneiro da art déco e do Streamline Moderne, especialmente polo seu deseño da Mossehaus (1921).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Mendelsohn naceu en Allenstein (Alemaña), hoxe a localidade polaca de Olsztyn. O seu lugar de nacemento foi a Oberstrasse 21, noxe no. 10 Staromiejska street, lembrado por unha placa.[2]

Foi o quinto de seis irmáns; a súa nai, Emma Esther (de solteira Jaruslawsky), era sombrereira, e o seu pai, David, era comerciante.[2][3] Asistiu a un Gymnasium humanista en Allenstein antes de continuar o seu adestramento comercial en Berlín.

En 1906 iniciou os estudos de economía nacional na Universidade de Múnic e en 1908 comezou a estudar arquitectura na Universidade Técnica de Berlín; dous anos despois pasou á Universidade Técnica de Múnic, onde se graduou cum laude en 1912. En Múnic recibiu a influencia de Theodor Fischer, arquitecto cunha obra que se move entre o neoclasicismo e o Jugendstil, e que lle deu clases dende 1907; Mendelsohn tamén tivo contacto con membros de dous grupos de artistas expresionistas, Der Blaue Reiter e Die Brücke.

Dende 1912 a 1914 traballou como arquitecto independente en Múnic. En 1915 casou coa violoncellista Luise Maas, coa que mantivo correspondencia entre 1910 e 1953; estes materiais proporcionan[4] unha mirada nas vidas dun artista e unha parella que experimentaron o campio da paisaxe internacional, incluíndo a súa fuxida do Terceiro Reich en 1933. A través da súa esposa, coñeceu o astrofísico Erwin Finlay Freundlich, que tamén tocaba o violoncello. Freundlich era irmán de Herbert Freundlich, director do Kaiser Wilhelm Institut für Physikalische Chemie und Elektrochemie. Freundlich arelaba construír un observatorio astronómico axeitado para confirmar experimentalmente a teoría da relatividade de Einstein's Theory of Relativity.

Fábrica de sombreiros en Luckenwalde

Grazas á súa relación con Freundlich, Mendelsohn tivo a oportunidade de deseñar e construír a Einsteinturm ("Torre Einstein"). Esta relación, así como a amizade familiar cos fabricantes de sombreiro de Luckenwalde Salomon e Gustav Herrmann axudaron ao éxito temperán de Mendelsohn. Dende este momento e ata 1918, é recoñecido sobre todo pola multitude de bosquexos de fábricas e grandes edificios, moitas veces en pequeno formato ou mesmo en cartas para a súa dona. O documental de 2011 de Duki Dror titulado "Incessant Visions" trata sobre Mendelsohn e a súa esposa, e nel Dror crea unha animación sobre as memorias de Louise e as súas cartas.[5]

Carreira arquitectónica[editar | editar a fonte]

A finais de 1918, tras regresar da primeira guerra mundial, estableceuse en Berlín. A Torre Einstein e a fábrica de sombreiros de Luckenwalde déronlle fama. Nesta última, encargada en 1921, o deseño incluía catro salas de produción, caldeira, unha sala de turbinas, dúas porterías e unha sala de tinguidura, que se converteu nun elemento destacado da fábrica. O edificio foi construído cun sistema de ventilación moderno que expulsaba os fumes tóxicos que xurdían do proceso de tinguidura. Ironicamente, a estrutura semellaba un sombreiro.[6]

Xa en 1924, Wasmuths Monatshefte für Baukunst, unha serie de revistas mensuais de arquitectura, produciu un folleto sobre a súa obra. Ese mesmo ano foi un dos fundadores, xunto con Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius, do grupo de arquitectos coñecido como Der Ring.

O seu estudio empregaba corenta persoas, incluído, como aprendiz, Julius Posener, que logo foi historiador da arquitectura. A obra de Mendelsohn sintetizaba o consumismo da república de Weimar, en particular as súas tendas, como os célebres almacéns Schocken. Con todo, tamén estaba interesado nos experimentos socialistas realizados na Unión Soviética, onde deseñou a fábrica téxtil Bandeira Vermella en 1926 xunto co arquitecto Hyppolit Pretreaus. As súas oficinas do xornal Mossehaus e o cinema Universum foron tamén moi influentes no art déco e o Streamline Moderne.

En 1926, comprou unha antiga villa e en 1928, deseñou Rupenhorn, de preto de 4000 m², que a familia habitou dous anos despois. Pola caras publicación sobre o seu novo fogar, ilustrada por Amédée Ozenfant entre outros, Mendelsohn foi motivo de envexa.

De La Warr Pavilion en Bexhill on Sea

Na primavera de 1933, co aumento do antisemitismo e o ascenso dos nazis en Alemaña, marchou a Inglaterra. A súa fortuna foi incautada polos nazis, o seu nome foi eliminado da lista da Unión de Arquitectos Alemáns, e foi excluído da Academia Prusiana das Artes.

En Inglaterra creou unha sociedade de negocios con Serge Chermayeff, que continuou ata a fin de 1936. Mendelsohn mantivo trato con Chaim Weizmann, posteriormente presidente de Israel e a comezos de 1934 comezou a planear en nome de Weizmann unha serie de proxectos en Palestina durante o mandato británico. En 1935, abriu unha oficina en Xerusalén e planeou edificios en estilo internacional con pedra de Xerusalén que foron moi influentes na arquitectura local.[7] En 1938 desmantelou a súa oficina de Londres. Ao mesmo tempo, el e a súa esposa recibían a cidadanía británica e cambiou o seu nome a "Eric"; esta nova cidadanía permitiulle ter certas garantías e levar outros membros da familia ao Reino Unido.[8]

Dende 1941 ata a súa morte, Mendelsohn viviu nos Estados Unidos e deu clases na Universidade de California en Berkeley. Ata a fin da segunda guerra mundial, as súas actividades estiveron limitadas polo seu status de inmigrante a conferencias e publicacións, mais serviu tamén como asesor do goberno estadounidense. Por exemplo, en 1943 colaborou co exército e a Standard Oil na construción da "German Village", conxunto de réplicas de casas típicas de clase obreira alemás, que foron clave para adquirir a experiencia necesaria para levar a cabo o bombardeo de Berlín.[9] En 1945, estableceuse en San Francisco. A partir dese momento e ata o seu pasamento en 1953 emprendeu algúns proxectos, a maioría para comunidades xudías.

Obras[editar | editar a fonte]

Interior da fábrica de sombreiros de Luckenwalde
Mossehaus en Berlín
Almacéns Petersdorff en Wrocław
Antigos almacéns Schocken en Chemnitz, pouco antes da súa reapertura como Museo Estatal de Arqueoloxía de Chemnitz (smac)

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Erich Mendelsohn: Amerika. Bilderbuch eines Architekten (1976) Berlín: Nachdruck Da Capo Press, ISBN 0-306-70830-2
  • Erich Mendelsohn: Rußland - Europa - Amerika. Ein architektonischer Querschnitt. (1929) Berlín
  • Erich Mendelsohn: Neues Haus - Neue Welt. Mit Beiträgen von Amédée Ozenfant und Edwin Redslob (1932) Berlín. Reimpreso, con epílgo de Bruno Zevi (1997) Berlín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Erich Mendelsohn". Encyclopædia Britannica. Consultado o 15 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 04 de setembro de 2018. 
  3. Erich Mendelsohn in Berlin
  4. Menelsohn. "Correspondence of Erich and Luise Mendelsohn 1910–1953". getty.edu. 
  5. "Esther Zandberg, "Something Eternal" Haaretz, July 7, 2011.". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 16 de abril de 2014. 
  6. Architectuul
  7. "Incessant Visions, Something Eternal". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 07 de xullo de 2012. 
  8. Artists in Exile
  9. Citado por Mike Davis no capítulo 3 da súa obra Dead Cities. A referencia orixinal, segundo esta versión online version do capítulo Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine., é "Design and Construction of Typical German and Japanese Test Structures at Dugway Proving Grounds, Utah" 27 de maio de 1943, por Standard Oil Development Company.
  10. "Modernistic New Synagogue To House Beth El Activities". The Baltimore Sun. 11 de maio de 1948. páx. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bruno Zevi (1999) E. Mendelsohn - The Complete Works. Birkhäuser Verlag ISBN 3-7643-5975-7
  • Von Eckardt, Wolf (1960) Masters of World Architecture: Eric Mendelsohn Londres: Mayflower. ISBN 0-8076-0230-2
  • Whittick, Arnold (1956) Eric Mendelsohn (2nd Ed.). New York: F.W. Dodge Corporation
  • Erich Mendelsohn: Complete Works of the Architect: Sketches, Designs, Buildings (1992 translation of Berlin, 1930 1st ed.) Princeton Architectural Press
  • David Palterer, Erich Mendelsohn: Nuove riflessioni (New reflections). Ed. Tre Lune Edizioni, 2004. ISBN 8887355843, 100 p. ill.
  • David Palterer, "Tracce di Mendelsohn", in Domus, 646, 1984, pp. 4–9
  • Julius Posener: "Erich Mendelsohn". In: Vorlesungen zur Geschichte der neuen Architektur, special issue of Arch+ for the 75th birthday of Julius Posener. Nr. 48, decembro de 1997, 8-13
  • Ita Heinze-Mühleib: Erich Mendelsohn. Bauten und Projekte in Palästina (1934-1941)
  • Sigrid Achenbach: Erich Mendelsohn 1887-1953 : Ideen - Bauten - Projekte. Catalog for an exhibit on the 100th anniversary of his birth, Beständen der Kunstbibliothek, Staatliche Museen Preussischer Kulturbesitz. Willmuth Arenhövel Verlag, ISBN 3-922912-18-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]