Saltar ao contido

The Wall Street Journal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wall Street Journal»)

The Wall Street Journal

Primeira páxina da primeira edición.
Fundación8 de xullo de 1889 (135 anos)
FundadorCharles Dow, Edward Jones e Charles Bergstresser
EditorialDow Jones & Company, News Corporation e Dow Jones & Company
TendenciaProgresista
LinguaInglés
LocalidadeNova York
ISSN0099-9660
Descrito porProject Oasis
Na rede
https://wsj.com, http://online.wsj.com/public/us, http://www.umi.com/pqdauto/, http://proquest.umi.com/pqdweb?RQT=318&TS=1098816103&clientId=30345&VType=PQD&VName=HNP&VInst=PROD&pmid=000043898&PageNum=1, https://hdl.loc.gov/loc.sgp/npe.2004233786, https://cn.wsj.com, https://jp.wsj.com e https://cn.wsj.com/zh-hant
Facebook: WSJ Twitter: WSJ Instagram: wsj LinkedIn: the-wall-street-journal Snapchat: wsj Youtube: UCK7tptUDHh-RYDsdxO1-5QQ Vimeo: wsj Pinterest: wsj Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Wall Street Journal é un xornal estadounidense internacional en lingua inglesa, con énfase especial en noticias de negocios e economía. Publícase seis días á semana na cidade de Nova York por Dow Jones & Company, unha división de News Corp, xunto coas edicións asiáticas e europeas.

Journal é o xornal en circulación máis grande dos Estados Unidos. De acordo con Alliance for Audited Media, ten unha circulación de preto de 2,4 millóns de copias (incluíndo preto de 900 000 subscricións dixitais), ata marzo de 2013,[1] comparado coas 1,7 millóns de copias de USA Today. O seu rival principal no sector dos negocios é o xornal Financial Times, con sede en Londres, o cal tamén publica varias edicións internacionais.

Journal cobre principalmente temas da economía americana e noticias internacionais, e noticias sobre problemas financeiros. O seu nome deriva de Wall Street, situado na cidade de Nova York, o cal é o corazón do Distrito Financeiro; foi imprimido continuamente dende o seu comezo o 8 de xullo de 1889, por Charles Dow, Edward Jones, e Charles Bergstresser. A versión xornal gañou o Premio Pulitzer trinta e catro veces, incluíndo o premio do ano 2007 pola súa reportaxe en opcións sobre accións retroactivas e os efectos negativos do auxe da economía chinesa.

En 2001, The Wall Street Journal foi situado como Nº 1 en BtoB's Media Power 50 por décimo segundo ano consecutivo.

Os primeiros produtos de Dow Jones & Company, editor do Journal, foron boletíns de noticias breves que se entregaban a man durante todo o día aos corretores da bolsa de valores. Posteriormente foron agregados resumos diarios imprimidos chamados Customers' Afternoon Letter. Os reporteiros Charles Dow, Edward Jones e Charles Bergstresser convertérono no Wall Street Journal, que foi publicado por primeira vez o 8 de xullo de 1889, e empezaron a entrega do servizo de noticias do Dow Jones vía telégrafo. En 1896, a "Media Industrial Dow Jones" foi lanzada oficialmente. Foi o primeiro de moitos índices de prezos de accións e bonos na Bolsa de Nova York. En 1899, a columna Review & Outlook de Journal, que segue funcionando ata o día de hoxe[cando?], apareceu por primeira vez e inicialmente foi escrita por Charles Dow.

O xornalista Clarence Barron comprou o control da compañía por 130 000 dólares en 1902; a circulación estaba ao redor de 7 000 copias pero para o final da década de 1920 ascendeu a 50 000. A Barron e o seu antecesor atribúeselles a creación dunha atmosfera de valentía e independencia en noticias financeiras, unha novidade nos comezos do negocio xornalístico. En 1921 fundouse Barron's, o principal periódico financeiro semanal de América.

Barron morreu en 1928, un ano antes do Xoves Negro cando a caída da bolsa foi amplamente afectada pola Gran Depresión nos Estados Unidos. A descendencia de Barron, a familia Bancroft, puido continuar o control da compañía ata 2007.

O diario Journal logrou a prominencia e a súa forma moderna na década de 1940, un tempo de expansión industrial para os Estados Unidos e as súas institucións financeiras en Nova York. Bernard Kilgore foi nomeado director de edición do xornal en 1941, e director xeral en 1945, finalmente compilando unha carreira de 25 anos como xefe de Journal. Kilgore foi o arquitecto do deseño icónico da páxina frontal do xornal, co seu "What's News", e a súa estratexia de distribución nacional, a cal trouxo unha circulación do xornal de 33 000 en 1941 a 1,1 millóns de copias ao momento da morte de Kilgore en 1967. Baixo o mando de Kilgore, en 1947, o xornal gañou o seu primeiro Premio Pulitzer, polo editorial de William Henry Grimes.

En 1967 Dow Jones Newswires comezou unha maior expansión fóra dos Estados Unidos, colocando os xornalistas en cada centro financeiro importante de Europa, Asia, América Latina, Australia e África. En 1970 o Dow Jones comprou a cadea de xornais Ottaway, a cal nese momento comprendía nove diarios e tres xornais dominicais. Máis tarde, o nome foi cambiado a "Dow Jones Local Media Group".

A época de 1971 a 1997 trouxo unha serie de lanzamentos, adquisicións, e empresas conxuntas, incluíndo "Factiva", o Asian Wall Street Journal, o The Wall Street Journal Europe, o sitio web WSJ.com, Índices Dow Jones, "MarketWatch", e "WSJ Weekend Edition". En 2007 News Corp. adquiriu WSJ., unha revista de estilo de vida de luxo, que se lanzou en 2008.

Expansión en Internet

[editar | editar a fonte]

Un complemento ao xornal imprimido, The Wall Street Journal Online, foi lanzado en 1996. En 2003, Dow Jones empezou a integrar subscritores en liña e da versión impresa do Journal e xuntos na declaración de "Audit Bureau of Circulation". En 2007, considerábase que era o sitio web de subscricións de noticias de pagamento máis grande, con 980 000 subscritores de pago. Dende entón, os subscritores en liña teñen diminuído, debido en parte ao aumento no custo de subscrición, e calculouse en 400 000 en marzo de 2010. En maio de 2008, unha subscrición anual da edición en liña de The Wall Street Journal custaba 119 dólares para aqueles que non tiñan subscricións da edición imprimida. Para xuño de 2013, o custo mensual da subscrición da edición en liña foi de 22,99 dólares, ou 275,88 dólares anuais, excluíndo as ofertas de lanzamento.

O 30 de novembro de 2004, Oasys Mobile e The Wall Street Journal lanzaron unha aplicación que permite aos usuarios acceso ao contido de Wall Street Journal Online a través dos seus teléfonos móbiles. Isto "proverá noticias de negocios e financeiras de último minuto do Journal en liña, xunto con amplos datos de mercado, accións e produtos, ademais dun portafolios de información personalizado directamente no teléfono celular.

O contido do xornal de pagamento está dispoñible en forma limitada para os subscritores de America Online, e a través de Congoo Netpass gratuíto. Moitas das historias de noticias de The Wall Street Journal están dispoñibles a través de xornais en liña gratuítos que se subscriben ao sindicato de Dow Jones. As historias gañadoras do premio Pulitzer dende 1995 están dispoñibles gratuitamente no sitio web Pulitzer.

En setembro de 2005, o Journal lanzou unha edición de fin de semana entregada a todos os subscritores, a cal marcou o regreso das publicacións en sábado despois dun lapso de 50 anos. A decisión foi deseñada en parte para expoñer máis publicidade ante o consumidor.

En 2005, Journal informou que o seu perfil de lectores era un 60% de altos directivos, cunha media de ingresos de 191 000 dólares, unha media de patrimonio neto de 2,1 millóns de dólares, e unha media de idade de 55 anos.

En 2007, o Journal lanzou unha expansión mundial do seu sitio web para incluír as principais edicións en idiomas estranxeiros. O xornal mesmo mostrara interese en comprar o seu rival: o Financial Times.

Cambios de deseño

[editar | editar a fonte]

A cabeceira é a única que ten un punto ao final.[2]

En 2006, Journal empezou a incluír publicidade na súa páxina frontal por primeira vez, baseándose na introdución da publicidade da páxina principal das edicións europeas e asiáticas do Journal a finais de 2005.

Despois de presentar unha páxina principal case idéntica durante medio século, sempre seis columnas, coas principais noticias do día na primeira e sexta columna, "What's News" na segunda e terceira, o artigo principal "A-hed" na cuarta e reportaxes semanais na quinta columna, o xornal diminuíu o ancho do seu formato saba de 15 a 12 polgadas mantendo a lonxitude de 223/4 polgadas, para aforrar custos de impresión. O novidoso consultor de deseño Mario García colaborou nos cambios. Dow Jones dixo que isto lles aforraría 18 millóns de dólares ao ano en custos de impresión en todos os xornais de The Wall Street Journal. Esta decisión eliminou unha columna de impresión, quitando "A-hed" da súa situación tradicional (aínda que o xornal agora polo xeral inclúe unha historia peculiar no lado dereito da páxina principal, inserida entre as historias principais).

O xornal segue utilizando debuxos de punto de tinta chamados "hedcuts", que foron introducidos en 1979 e creados orixinalmente por Kevin Sprouls, un método de ilustración considerado como marca visual consistente do xornal. O Journal segue empregando fortemente o uso de caricaturas, en particular as de Ken Fallin, como cando Peggy Noonan conmemorou o recente falecemento do xornalista Tim Russert. O uso de fotografías e gráficos a cor fíxose cada vez máis común nos últimos anos coa incorporación de máis seccións de "estilo de vida".

O diario foi galardoado pola Sociedade Mundial de Deseño de Noticias co premio ao xornal co mellor deseño en 1994 e 1997.

News Corporation e News Corp

[editar | editar a fonte]

O 2 de maio de 2007, News Corporation fixo unha oferta non solicitada de compra para Dow Jones, ofrecendo 60 dólares por acción, as mesmas que se estiveran a vender por 33 dólares cada unha. A familia Bancroft, que controla máis do 60% das accións comúns, rexeitou a oferta nun comezo, pero despois reconsiderou a súa posición.

Tres meses despois, o 1 de agosto de 2007, News Corporation e Dow Jones chegaron a un acordo de fusión definitivo. A venda por 5 mil millóns de dólares incluíu The Wall Street Journal ao imperio de noticias de Rupert Murdoch, o cal xa incluía: Fox News Channel, Fox Business Networks e The Times de Londres, así como o New York Post, a estación principal de Fox WNYW (Channel 5) e MyNetworkTV WWOR (Canle 9).[3]

O 13 de decembro de 2007, os accionistas, que representan máis do 60% das accións comúns, aprobaron a adquisición da compañía por News Corporation.

Nunha columna da páxina editorial, o editor L. Gordon Crovitz dixo que os Bancrofts e News Corporation acordaran que as noticias e as seccións de opinión do Journal podían conservar a súa independencia editorial da nova compañía matriz:

Un comité especial foi establecido para supervisar a integridade editorial do Journal. Cando o xefe de redacción Marcus Brauchli renunciou o 22 de abril de 2008, o comité dixo que News Corporation violara o seu acordo ao non notificarllo ao comité con anticipación. Non obstante, Brauchli dixo que cría que os novos propietarios debían nomear o seu propio editor.

Un artigo do Journal en 2007 citou acusacións dicindo que Murdoch fixera e incumprira promesas similares no pasado. Un dos principais accionistas comentou que Murdoch durante moito tempo "expresara os seus prexuízos persoais, políticos e de negocios a través dos seus xornais e emisoras de televisión". O ex-editor asistente do Times, Fred Emery, recorda un incidente cando: "Mr. Murdoch chamouno á súa oficina en marzo de 1982 e dixo que estaba a considerar despedir o editor do Times, Harold Evans. Mr. Emery di que recorda a promesa de Mr. Murdoch de que os editores non podían ser despedidos sen a aprobación dos conselleiros independentes. 'Deus, non tomas iso en serio, non si?', contestou Murdoch". Segundo Emery: "Murdoch eventualmente forzou a Evans a saír".

No 2011, The Guardian encontrou evidencias de que o Journal inflara artificialmente os seus números de vendas en Europa, mediante o pagamento á Asociación da Aprendizaxe Executiva para que comprase o 16% das súas vendas europeas. Estas cifras de vendas infladas logo permitiron ao Journal cobrar tarifas similares infladas en publicidade, xa que os anunciantes podían pensar que chegarían a máis lectores dos que realmente alcanzaron. Ademais, o Journal acordou executar "artigos" que ofrecían á Asociación da Aprendizaxe Executiva como noticias, pero que na práctica eran publicidade. O caso saíu á luz despois de que un empregado belga do Wall Street Journal, Gert Van Mol, informou ao director xeral de Dow Jones, Les Hinton, acerca da práctica cuestionable. Como resultado o entón director xeral de Wall Street Journal Europe e editor Andrew Langhoff foi despedido despois de decatarse de que meteu presión persoalmente os xornalistas para cubrir un dos socios do negocio do xornal involucrado no tema. Dende setembro de 2011 todos os artigos en liña que resultaron da mala conduta ética levan unha advertencia que informa os lectores de Wall Street Journal acerca das circunstancias nas que foron creados.

O Journal, xunto coa súa matriz Dow Jones & Company, foi unha das empresas de News Corporation que se escindiu en 2013 como o novo News Corp.

  1. «New FAS-FAX: Circulation declines are getting steeper». The Washington Times. 28 de abril de 2009.
  2. «Punctuation Nerds Stopped by Obama Slogan, 'Forward.'». The Wall Street Journal. 31 de xullo de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012.
  3. «Murdoch clinches deal for publisher of Journal». MSNBC. 1 de agosto de 2007. Consultado o 9 de agosto de 2007.