Tenda de campaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tendas de campaña nun mercado de Nadal en Múnic pola noite

Unha tenda de campaña ou casa de campaña é unha pequena casa portátil de orixe árabe, que está destinada a ser colocada no campo para albergar unha ou máis persoas.

O nome deriva de campiña, que se refire ás extensións de terra para labranza. Por extensión empréganse en diversos medios naturais non acuáticos, mesmo grandes paredes rochosas. A principios do século XXI xa se achaban amplamente diseminadas no excursionismo.

Tendas de campaña preto da praia.

As tendas de campaña utilízanse tamén como albergues provisionais para os exércitos nas súas incursións militares, moito máis comúns na antigüidade.

Ao acto de montar unha tenda de campaña, co fin de quedar nela un tempo, chámase acampar. Xeralmente acámpase cun ou varios fins: pasar a noite, descansar, alimentarse, refuxiarse das inclemencias da natureza, como punto de reunión, entre outros menos comúns.

Un campamento é o lugar onde se instalan varias tendas de campaña, ademais doutras posibles instalacións, que permitan albergar persoas.

Á afección por acampar chámaselle acampada, campismo ou cámping.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]