Torres xemelgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Torres Xemelgas
World Trade Center, New York City - aerial view (March 2001).jpg
O World Trade Center orixinal na cidade de Nova York en marzo do 2000. O edificio de cor vermella (ao fondo á esquerda das Torres Xemelgas) é o World Trade Center 7 orixinal.
Construción
Inicio1968
Remate1971
Destruído11 de setembro de 2001
Dimensións
Altura1 WTC: 417 metros
2 WTC: 415,1 metros
Equipo
Arquitecto(s)Minoru Yamasaki
Leslie Robertson

O World Trade Center 1 e World Trade Center 2, coñecidos como Torres Xemelgas (en inglés: Twin Towers), foron dúas edificacións que formaban parte do World Trade Center, un complexo situado na illa de Manhattan de Nova York. Foron deseñadas polo arquitecto estadounidense de orixe xaponesa Minoru Yamasaki e por Leslie Robertson.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O complexo do World Trade Center comezou a edificarse no ano 1963 coa torre norte e a continuación seguiulle a torre sur. A primeira rematouse no ano 1972, e a segunda en 1973, ano no que foi inaugurado o complexo. O World Trade Center é un edificio un pouco retirado do centro do WTC, medía 174 metros, tiña 47 andares e rematouse no ano 1987.

O complexo completábase cos edificios World Trade Center 5, 4 e 6. Estes tiñan entre 7 e 9 andares e finalizáronse entre 1972 e 1977.

No 1995 Garri Kasparov defendeu o seu título de Campión do Mundo versión PCA contra o indio Viswanathan Anand nas Torres xemelgas.

Atentados do 11 de setembro de 2001[editar | editar a fonte]

O 11 de setembro de 2001 o complexo foi destruído por dous avións comerciais secuestrados por terroristas islámicos, nos que morreron 2 749 persoas que se atopaban nas torres no momento do ataque.

O colapso das dúas torres tamén supuxo a destrución do World Trade Center 3, un hotel de 22 pisos. Os tres edificios restantes do complexo resultaron gravemente danados, tendo que ser derrubados despois.

Notas[editar | editar a fonte]