Museo Fitzwilliam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fitzwilliam Museum»)

Coordenadas: 52°12′01″N 0°07′10″L / 52.200278, 0.119444

Museo Fitzwilliam
Fitzwilliam Museum
PaísReino Unido Reino UnidoPé=Fachada principal do
Museo Fitzwilliam
Cidade Cambridge
DirectorLuke Sison
Inauguración1816
Visitantes352.416 (2018)[1]
Na rede
http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/
Facebook: fitzwilliammuseum Twitter: fitzmuseum_uk Instagram: fitzmuseum_uk Youtube: UCFwhw5uPJWb4wVEU3Y2nScg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Fitzwilliam é o museo de arte e de antigüidades da Universidade de Cambridge. Sitúase na rúa Trumpington fronte á rúa Fitzwilliam, no distrito centro da cidade de Cambridge.[2]

O museo fundouse en 1816 por vontade de Richard Fitzwilliam, o sétimo vizconde Fitzwilliam (1745-1816), e converteuse nunha das mellores coleccións de antigüidades e de arte moderna de Europa Occidental.[2][3] Entre os máis de medio millón de obxectos e obras de arte dos seus fondos destacan pinturas de Monet, Picasso, Rubens, van Gogh, Rembrandt, Cézanne, Van Dyck e Canaletto.[4]

O Museo Fitzwilliam forma parte do Consorcio de Museos da Universidade de Cambridge.[5] A súa Visita é gratuíta.[6]

Establecemento e edificios[editar | editar a fonte]

Vista dun dos vestíbulos do Museo Fitzwilliam

O museo fundouse en 1816 a partir do legado da biblioteca e da colección de arte particular de Richard Fitzwilliam, o sétimo vizconde de Fitzwilliam. Este legado levaba tamén emparellada a cantidade de 100.000 libras destinadas á construción dun museo que o albergara. Desde aquela, os fondos do museo chegaron a alcanzar os 500.000 artigos e a se converter nun dos grandes museos do Reino Unido.[2]

O primeiro destino da colección, antes da construción dun edificio ad hoc, foi o edificio da Perse School, situada en Free School Lane, e en 1842 foi trasladada ás Old Schools, ambas as localizacións no centro da cidade, na zona onde radican moitos dos edificios vinculados á Universidade de Cambridge.

O coñecido como o Edificio do Fundador (Founder's Building) levantouse no período 1837-1843, consonte os deseños do arquitecto George Basevi e completados polos de C. R. Cockerell. A primeira pedra foi colocada polo erudito inglés Gilbert Ainslie en 1837.[7] O museo abriu as súas portas na súa propia sede en 1848. Porén, o Palladian Entrance Hall, deseñado polo arquitecto Edward Middleton Barry, non foi completado ata 1875.

En 1912, o terratenente e coleccionista de arte Charles Brinsley Marlay realizou un novo e importantísimo legado á universidade, consistente en 80.000 libras e 84 cadros da súa colección privada.

En 1931 levouse a cabo unha nova ampliación do edificio ao sueste, consistente en dous novos andares, que correo a cargo da familia Courtauld, o que supuxo un notable incremento do espazo expositivo e tamén de novas instalacións para a investigación.[8]

Os edificios do museo están catalogados como de grao 1 polo Goberno do Reino Unido, que só se lles concesde aos edificios de interese excepcional.[9]

Coleccións[editar | editar a fonte]

Vista dunha das galerías do Museo Fitzwilliam

O museo estrutúrase en cinco departamentos: Antigüidades; Artes Aplicadas; Moedas e Medallas; Manuscritos Raros e Libros Impresos; e Pinturas, Debuxos e Gravados. En conxunto, abranguen antigüidades do Antigo Exipto, Nubia, Grecia e Roma, arte romano-exipcia, Oriente próximo e unha nova galería de arte chipriota.[10] Canto á natureza dos obxectos, pódense atopar artes aplicadas, como olaría e vidro británicos e europeos, moblaxe, reloxos, abanos, armaduras, obxectos decorativos chineses, coreanos e xaponeses, alfombras e bordados, moedas e medallas, manuscritos musicais e literarios, libros impresos raros, e unha importante colección de pinturas e debuxos con pezas mestras dos máis grandes artistas, desde o renacemento ao século XX.[4]

Entre as pezas máis sobranceiras na colección de antigüidades do museo encádrase un baixorrelevo de Persépole.[11]

Manuscritos musicais[editar | editar a fonte]

Entre os manuscritos musicais que conserva o museo pódese salientar a maior colección coñecida de música isabelina do século XVI escrita para virxinal por algúns dos compositores máis salientables da época, como William Byrd, John Bull, Orlando Gibbons e Thomas Tallis.[12]

Antigo Exipto[editar | editar a fonte]

As galerías do Antigo Exipto do Museo Fitzwilliam reabriron as súas portas en 2006 logo da execución dun programa de reformas no que se investiron 1,5 millóns de libras. A remodelación permitiu, entre outras cousas, a exposición pública de máis antigüidades que anteriormente estiveran almacenadas nos subterráneos do museo.[13]

Pintura[editar | editar a fonte]

Home con sombreiro de á ancha, de Frans Hals

O Museo Fitzwilliam alberga unha ampla colección de pinturas e esbozos de autores tan recoñecidos como Monet, Picasso, Rubens, Vincent van Gogh, Cézanne, Degas, Rembrandt, Van Dyck, Canaletto ou Renoir. Tamén ten unha boa representación de obras de J. M. W. Turner, cuxa orixe está nun conxunto de 25 debuxos a acuarela doados á universidade por John Ruskin en 1861. A maiores, o director do museo naquel momento, Sydney Cockerell, adquiriu outras oito acuarelas de Turner e algúns dos seus escritos.[14][15]

Na colección do museo de pinturas prerrafaelitas figura unha versión de 1805 de The Last of England, de Ford Madox Brown, votada como a pintura máis grande de Gran Bretaña nunha enquisa de Radio 4 británica en 2005.[14][15]

Moitos dos artigos expostos no museo son préstamos por parte da Universidade de Cambridge, como é o caso dun importante conxunto de pinturas impresionistas propiedade do King's College, entre as que destacan A Abdución, de Cézanne, e un estudo previo de Un dimanche après-midi à l'Île de la Grande Jatt, de Georges Seurat.[14][15]

Por outra parte, moitas das obras propiedade do Museo Fitzwilliam foron doadas por exalumnos da Universidade de Cambridge. Por exemplo, o economista Maynard Keynes doou a súa colección persoal, que incluía a obra de Cézanne "Bodegón con mazás", que adquirira en 1918.[16]

Escola angloestadounidense[editar | editar a fonte]

  • Benjamin West (obras).
  • John Constable (12 obras).
  • John Hoppner (1 obra).
  • J. M. W. Turner (1 obra).

Escola holandesa[editar | editar a fonte]

Escola inglesa[editar | editar a fonte]

  • William Beechey (1 obra).
  • William Blake (centos de obras)
  • Thomas Gainsborough (8 obras).
  • William Hogarth (9 obras).
  • John Hoppner (1 obra).
  • Godfrey Kneller (15 obras).
  • Edwin Henry Landseer (1 obra).
  • Thomas Lawrence (1 obra).
  • Peter Lely (1 obra).
  • Joshua Reynolds (4 pobras).
  • Joseph Stannard (1 obra).
  • George Stubbs (3 obras).

Escola flamenga[editar | editar a fonte]

Escola francesa[editar | editar a fonte]

Escola alemá[editar | editar a fonte]

Escola italiana[editar | editar a fonte]

  • Alessandro Allori (1 obra).
  • Jacopo Bassano (2 obras).
  • Canaletto (6 obras).
  • Annibale e Ludovico Carracci (4 obras).
  • Bernardo Daddi (1 obra).
  • Carlo Dolci (3 obras).
  • Domenichino (1 obra).
  • Duccio di Buoninsegna (1 obra).
  • Gentile da Fabriano (1 obra).
  • Domenico Fetti (5 obras).
  • Raffaellino del Garbo (1 obra).
  • Lattanzio Gambara (8 obras).
  • Luca Giordano (12 obras).
  • Guercino (1 obra).
  • Pietro Longhi (2 obras).
  • Lorenzo Lotto (1 obra).
  • Andrea Mantegna (9 obras).
  • Parmigianino (32 obras).
  • Palma il Vecchio (2 obras).
  • Pietro Perugino (1 obra).
  • Giambattista Pittoni (1 obra).
  • Francesco Pesellino (1 obra).
  • Rafael (8 obras).
  • Raffaellino del Garbo (1 obra).
  • Guido Reni (1 obra).
  • Sebastiano Ricci (9 obras).
  • Giulio Romano (6 obras).
  • Andrea Sacchi (130 obras).
  • Andrea del Sarto (2 obras).
  • Zanobi Strozzi (1 obra).
  • Tintoretto (5 obras).
  • Tiziano (4 obras).
  • Perin del Vaga (2 obras).
  • Giorgio Vasari (1 obra).
  • Paolo Veronese (3 obras).
  • Antonio Verrio (1 pobra).
  • Federico Zuccari ( 1 obra).
  • Francesco Zuccarelli (27 obras).
Un dos bronces atribuídos a Michelangelo, no Museo Fitzwilliam

Bronces de Michelangelo[editar | editar a fonte]

En 2015, o Museo Fitzwilliam recibiu os coñecidos como Bronces de Rothschild, dúas estatuas de bronce que se crían da autoría do artista do Renacemento italiano Michelangelo. De ser certo, trataríase das únicas esculturas en bronce superviventes dese artista. O par de estatuas representa senllos homes espidos, aparentemente borrachos, montando sobre panteras. O historiador da arte Paul Joannides estableceu unha relación entre estas estatuas e un debuxo conservado no Museo Fabre, dun aprendiz de Michelangelo, que representa o mesmo tema e coa mesma pose.[17][18][19][20][21]

Departamento de Moedas e Medallas[editar | editar a fonte]

O gabinete numismático do museo aborda as diversas perspectivas do diñeiro de todas as parte do mundo, desde a Antigüidade ata hoxe, así como as medallas, desde o seu nacemento durante o Renacemento. Ademais da súa importante colección, o departamento conta cunha biblioteca propia e cun centro de investigación e de ensino da numismática.[22]

Estes son os principais proxectos que o departamento está a desenvolver:

Artigo principal: Medieval European Coinage.
O Tesouro de Cambridge, composto, por máis de 1.000 moedas de prata e ouro depositadas ca. 1530 e que foi achado en 2000, exponse no Museo Fitzwilliam[23]

Incidentes[editar | editar a fonte]

O 25 de xaneiro de 2006, un visitante tropezou e bateu contra tres floreiros chineses da dinastía Qing que estiveran en exposición pública desde 1948; as tres pezas acabaron totalmente estragadas.[28] Aínda que o home foi arrestado, retiráronselle os cargos polos danos causados. Os expertos en restauración do Museo Fitzwilliam puideron reconstruír os vasos de porcelana ata recuperaren a súa aparencia orixinal, ata o punto de que se colocaron novamente en exposición, protexidos por un vidro de seguranza.[29][30]

O 13 de abril de 2012 produciuse o roubo de 18 pezas de xade chinesas.[31] Os ladróns foron apreixados e condenados a penas de cárcere, e as pezas volveron á súa localización orixinal.[32][33]

Amigos do Museo Fitzwilliam[editar | editar a fonte]

Fundada en 1909, a sociedade Amigos do Museo Fitzwilliam é a máis antiga de Gran Bretaña dedicada especificamente ao apoio e ao sostemento a longo prazo dun museo. A sociedade recadou fondos para a adquisición de obras de arte importantes e para acometer obras de renovación no museo. As súas prioridades nos últimos tempos céntranse na adquisición de obras contemporáneas salientables e o aseguramento dunha dotación económica estable ao museo para garantir a súa sostibilidade.[34]

A Princesa Alexandra de Kent é a presidenta da Fundación para o Desenvolvemento do Museo Fitzwilliam.[35][36]

Directores do museo[editar | editar a fonte]

Sidney Colvin, director do Museo Fitzwilliam entre 1876 e 1884
  • Sidney Colvin (1876-1884).[37]
  • Charles Walston (1883-1889)
  • John Henry Middleton (1889-1892)
  • Montague Rhodes James (1893-1908)[38]
  • Sydney Cockerell (1908-1937)[39]
  • L. C. G. Clarke (1937-1946)
  • Carl Winter (1946-1966).[40]
  • David Piper (1966-1973).[41]
  • Michael Jaffé (1973-1990).[42]
  • Simon Swynfen Jervis (1990-1995).[43]
  • Duncan Robinson (1995-2007).[44]
  • Timothy Potts (2007-2012).[45]
  • Tim Knox (2012-2018).[46]
  • Luke Syson (desde 2019).[47]

Galería de obras e obxectos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Visits made in 2018ALVA. Association of Leading Visitor Attractions.
  2. 2,0 2,1 2,2 Kennedy, M. (2016). "Fitzwilliam museum in Cambridge celebrates its 200th birthday". En The Guardian. 4 de febreiro.
  3. "Review 'Fitzwilliam Museum': The best museum outside London? Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". www.silvertraveladvisor.com.
  4. 4,0 4,1 "Collections". The Fitzwilliam Museum.
  5. "The Fitzwilliam Museum". University of Cambridge Muesums & Botanic Garden.
  6. "Visit Us". The Fitzwilliam Museum.
  7. Smith, J.; Stray, C. eds. (2003). Cambridge in the 1830s: The Letters of Alexander Chisholm Gooden. The Boydell Press. Páxina 101. ISBN 978-1843830108
  8. "The University of Cambridge: The Fitzwilliam Museum". British History Online.
  9. "Fitzwilliam Museum and boundary wall, plinths and gates to the north-east  (Grade I) (1126276)". En National Heritage List for England. Historic England.
  10. "Cyprus". The Fitzwilliam Museum.
  11. Nicholls, R.; Roaf, M. (1977). "A Persepolis Relief in the Fitzwilliam Museum, Cambridge". En Iran. Vol. 15. Páxinas 146-152 British Institute of Persian Studies.
  12. "Music Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum.
  13. "Egypt". The Fitzwilliam Museum.
  14. 14,0 14,1 14,2 "Pinting". The Fitzwilliam Museum.
  15. 15,0 15,1 15,2 "Paintings, Drawings & Prints". The Fitzwilliam Museum.
  16. "The curious tale of the economist and the Cezanne in the hedge". En BBC News. 3 de maio de 2014.
  17. "Michelangelo – A Discovery Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum.
  18. "Michelangelo's bronze panther-riders revealed after 'Renaissance whodunnit". En The Guardian. 2 de febreiro de 2015.
  19. "The story of the bronze riders". En The Economist. 2 de febreiro de 2015.
  20. "Nude, drunk and riding on panthers: Michelangelo's lost masterpiece discovered". En The World. 3 de febreiro de 2015.
  21. "Bronze sculptures 'may be by Michelangelo'". En BBC News. 2 de febreiro de 2015.
  22. "Coins & Medals". The Fitzwilliam Museum.
  23. "The Cambridge Hoard". University of Cambridge.
  24. "Sylloge of Coins of the British Isles Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum.
  25. "Sylloge of Coins of the British Isles". The Britush Academy.
  26. "About Medieval European Coinage". No sitio web de Cambridge University Press.
  27. "Medieval European Coinage update (Name in the Book Somewhere III)". En A Corner of Tenth-Century Europe. 21 de outubro de 2018.
  28. "The conservation and restoration of the Chinese vases broken in 2006 Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum.
  29. "No charge for smashed vase man". En BBC News. 20 de xuño de 2006.
  30. "The conservation and restoration of the Chinese vases broken in 2006". The Fitzwilliam Museum.
  31. "Fitzwilliam Museum theft: Chinese jade art 'worth millions'". En BBC News. 18 de abril de 2012.
  32. "Seven men jailed over series of museum raids". En The Guardian. 4 de abril de 2016.
  33. "Fitz Robbers get 18 years. The four men who burgled the Fitzwilliam Museum earlier this year have been jailed for a combined 18 years". En The Tab. 3 de outubro de 2012.
  34. "Friends of the Fitzwilliam Museum". The Fitzwilliam Museum.
  35. The Fitzweilliam Museum Review 2004-2006 Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 48. The Fitzwilliam Museum.
  36. The Fitzweilliam Museum Review 2010-2014 Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Apendix A: Syndicate and staff. Páxina 91. The Fitzwilliam Museum.
  37. "Obituary. Sir Sidnay Colvin". En The Times. 12 de maio de 1927.
  38. "James, Montague Rhodes". Who's Who 2020.
  39. "Cockerell, Sir Sydney (Carlyle)". Who's Who 2020.
  40. "de Winter, Carl". Who's Who 2020.
  41. "Piper, Sir David (Towry)". Who's Who 2020.
  42. "Jaffé, (Andrew) Michael". Who's Who 2020.
  43. "Jervis, Simon Swynfen". En Who's Who 2020.
  44. "Robinson, (David) Duncan Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Who's Who 2020.
  45. "New Director Appointed for Cambridge University's Fitzwilliam Museum". University of Cambridge.
  46. "Mr Tim Knox". University of Cambridge.
  47. "Fitzwilliam Museum announces appointment of new Director Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]