Thomas Tallis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Tallis
Thomas Tallis.jpg
Nacementoc. 30 de xaneiro de 1504 e c. 1506
Lugar de nacementoKent
Falecemento24 de novembro de 1585
Lugar de falecementoGreenwich
SoterradoSt Alfege Church, Greenwich
NacionalidadeReino de Inglaterra
Relixióncatolicismo
Ocupacióncompositor
Na rede
IMDB: nm1720469 Allocine: 191299 Allmovie: p518170
Spotify: 1XmMnFJ9jhW4tI7bQuNYFG Last fm: Thomas+Tallis Musicbrainz: e29c77e6-3bc0-4bea-90ed-4caff60f6bc3 Songkick: 319027 Discogs: 740149 IMSLP: Category:Tallis,_Thomas Allmusic: mn0001186175 Find a Grave: 4317 Deezer: 1612551 Editar o valor em Wikidata
Tallis signature.png
editar datos en Wikidata ]

Thomas Tallis, nado contra 1505 e finado en Greenwich o 23 de novembro de 1585, foi un compositor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como músico de igrexa no século XVI. Ocupa un lugar preponderante en antoloxías de música relixiosa inglesa, e é considerado como un dos mellores no xénero así como tamén un dos mellores compositores da súa época[1].

A carreira musical de Thomas Tallis atravesou os reinados de catro reis ingleses: Henrique VIII, Eduardo VI, María (católica) e Sabela (protestante). O período viviu grandes mudanzas na vida relixiosa e no estilo composicional. Boa parte da produción de Tallis foi eclesiástica, aínda que escribise algunhas obras seculares. A súa flexibilidade como compositor certamente garantiu a súa permanencia como figura de proa da música inglesa.

Tallis estudou música na Igrexa pre-Reforma. Con todo foi requisitado por diversos gobernantes para compor músicas tanto para o servizo anglicano como católico, ambas as dúas de gran calidade. Criado preto de Canterbury, os compromisos pronto o levarían a Londres. Tallis era un recoñecido organista, mais pouco hai hoxe das súas pezas para teclado. Datar súas obras é difícil, sobre todo porque el ocasionamente retraballou músicas vellas para un novo proxecto. Coñecido polas floreadas obras en latín, a súa música anglicana, máis simple, é tan elaborada como agradábel de tocar.

Entre súas obras máis famosas están: O Nata Lux de Lumine, If Ye Love Me, Lamentations of Jeremiah, Spem in Alium Nunquam Habui e Laudate Dominum.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farrell, J: Latin Language and Latin Culture: From Ancient to Modern Times, page 125. New York Cambridge University Press, 2001.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]