Jacopo Bassano
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1510 (Gregoriano) Bassano del Grappa, Italia (pt) |
| Morte | 14 de febreiro de 1592 Bassano del Grappa, Italia (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura e arte visual |
| Lugar de traballo | Bassano del Grappa (pt) |
| Ocupación | pintor |
| Xénero artístico | Retrato |
| Movemento | Escola veneciana |
| Alumnos | Giulio Martinelli e Luca Martinelli |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Francesco Bassano, Leandro Bassano, Gerolamo Bassano |
| Pai | Francesco, I Bassano |
| Descrito pola fonte | Teutsche Academie (pt) Schilderboeck (pt) Biblioteca dixital BEIC |

Jacopo Bassano ou Giacomo da Ponte, nado en Bassano del Grappa ca. 1515 e finado en 1592, foi un pintor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do pintor Francesco Bassano o vello, Jacopo adoptou algo do seu estilo nas súas pinturas relixiosas, que incluían elementos novos como animais, granxas. Foi discípulo en Venecia de Tintoretto e influíu en El Greco, abriu un obradoiro na súa localidade natal cos seus catro fillos: Francesco o novo (1549–1592), Gerolamo (1566–1621), Giovanni Battista (1553–1613) e Leandro (1557–1622), que compartiron o seu estilo, e ás veces é difícil atribuír as obras a un en concreto.
Pintou escenas bíblicas e retratos, e entre as súas obras máis coñecidas están A anuncación aos pastores, Cristo botando aos mercadores do Templo, A derradeira cea ou O bo samaritano.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacopo Bassano |