Aelbert Cuyp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Aelbert Cuyp
10 Albert Cuyp, Schilder, 1620-1691.jpg
Nacemento 20 de outubro de 1620
  Dordrecht
Falecemento 15 de novembro de 1691
  Dordrecht
Nacionalidade Países Baixos
Ocupación pintor
Pai Jacob Gerritsz. Cuyp
Coñecido/a por Equestrian Portrait de Pieter de Roovere, The Maas at Dordrecht e The Valkhof at Nijmegen
editar datos en Wikidata ]
Vacas na auga, Museo de Belas Artes, Budapest.

Aelbert Jacobsz Cuyp, nado en Dordrecht o 20 de outubro de 1620 e finado na mesma localidade o 15 de novembro de 1691, foi un dos máis importantes pintores paisaxistas neerlandeses do século XVII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo do seu pai Jacob Gerritsz. Cuyp, Aelbert foi o máis famoso dunha familia de pintores, sendo especialmente coñecido polas vistas de lugares do seu país ao amencer ou ao serán.

Estilo[editar | editar a fonte]

A luz solar é acentuada nas súas pinturas por pequenos detalles punteados de luz dourada. En conxunto, os panoramas atmosféricos da campina, a luminosidade dos talos de herba nunha pradeira, as crinas dun tranquilo cabalo, o corno dunha vaca leiteira inclinada sobre un rego, ou o tope do chapeo dun labrego, están todos envoltos nun baño de luz ocre-amarela. A calidade do pintado nunha obra de Cuyp é dunha mestría sen erros. O rico bernizado refracta os raios da luz como unha xoia a disolve. As paisaxe de Cuyp están baseadas na realidade e na súa propia invención do encantador que unha paisaxe podería ser.

O Mosa en Dordrecht (National Gallery of Art, Washington DC.

Os debuxos de Cuyp revélano como un debuxante superior. Tentaba conseguir unha obra de arte plena cos seus debuxos, de modo que con frecuencia a mesma sección dun esbozo, pode encontrarse en varias pinturas diferentes.

Asinaba as súas obras, mais raramente as databa, de xeito que a cronoloxía da súa carreira non é satisfactoria. Aínda que un elevado número de obras lle foran atribuídas, bastantes puideron ser doutros paisaxistas, tale como Abraham Calraet (1642–1722), cuxas iniciais A.C. poden confundirse con as de Cuyp. Porén non sempre a súa arte foi aprezada, sendo aínda recentemente cualificada como "blandenguería de caixa de chocolate".