William Beechey
(1800) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1753 Burford |
| Morte | 28 de xaneiro de 1839 Londres |
| Pintor de cámara | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Inglaterra |
| Ocupación | pintor |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Retrato pictórico |
| Familia | |
| Cónxuxe | Anne Phyllis Beechey |
| Fillos | Anne Dodsworth Beechey, Frederick Beechey, Henry William Beechey, Frederick William Beechey, George Duncan Beechey, Charlotte Earle Beechey, St. Vincent Beechey, Richard Brydges Beechey |
| Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
de William Beechey

de William Beechey
Henry William Beechey (12 de decembro de 1753 – 28 de xaneiro de 1839), foi un pintor retratista inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Burford fillo de William Beechey (*1732) e Hannah Read (*c1732). En 1772 entrou na Royal Academy, algúns dos seus pequenos retratos déronlle considerable repputación e a nobreza comezou a encargarlle traballos; en 1793 a raíña Carlota noméao o seu retratista oficial. Realizou retratos dos membros da familia real e de case todas as persoas famosas do seu tempo. Unha das súas obras máis famosas é unha gran composición, Xurxo III e o príncipe de Gales pasando revista ás tropas (1798), na que incluíu retratos de Xurxo III, o príncipe de Gales e o duque de York, esta pintura serviulle para obter o título de cabaleiro e a súa elección como membro da Royal Academy, a pintura non se conserva ó resultar destrulída no incendio do Castelo de Windsor en 1992. Entre os seus retratos máis célebres están os de Lord Nelson, John Kemble e Sarah Siddons.

William Beechy tivo 18 fillos, algúns famosos como Frederick William Beechey (1796-1856), Richard Brydges Beechey (1808-1895), George Duncan Beechey (1798-1852) e Vincent Beechey (1806-1899)