Godfrey Kneller
Godfrey Kneller | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Gottfried Kniller |
Nacemento | 8 de agosto de 1646 |
Lugar de nacemento | Lübeck |
Falecemento | 19 de outubro de 1723 (77 anos) |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | St Mary's Church, Twickenham |
Nacionalidade | Alemaña e Reino de Gran Bretaña |
Ocupación | pintor |
Pai | Zacharias Kniller |
Irmáns | Andreas Kneller e Johann Zacharias Kneller |
Coñecido por | Portrait of Cornelis de Bruyn, Draughtsman and Traveler, Portrait of the first Earl of Albemarle e An old scholar |
Premios | Knight Bachelor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Sir Godfrey Kneller, nado o 8 de agosto de 1646 e finado o 19 de outubro de 1723, foi un artista que traballou como pintor da corte para varios reis ingleses.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gottfried Kniller naceu en Lübeck, Alemaña. Seu irmán, John Zacharias, tamén se dedicou á pintura establecéndose en Gran Bretaña. Ferdinand Bol e Rembrandt foron mestres seus, e Kneller converteuse no principal pintor de retratos de finais do século XVII e principios do XVIII, tendo retratado a dez monarcas europeos (incluíndo a Luís XIV de Francia).
En 1680 foi nomeado Pintor da Coroa polo rei Carlos II de Inglaterra e armado cabaleiro por Guillerme III de Orange. Ademais concedéuselle o título de baronet (entre barón e cabaleiro) polo rei Xurxo I e dirixiu a Academia de Pintura e Debuxo de Kneller (1711-1716) en Great Queen Street, en Londres.
Da súa man saíron outros corenta e oito retratos de políticos destacados e homes de letras, membros do Club Kit-Cat.
Morreu en 1723 a causa dunhas febres. Os seus restos descansan na igrexa de Twickenham, onde traballaba como coadxutor cando a nave central (do século XIV) derrubouse en 1713 e tivo que tomar parte nos plans de reconstrución da mesma.
Vøexase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Godfrey Kneller |