Traité de numismatique du moyen âge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traité de numismatique du moyen âge
Autor/aArthur Engel e Raymond Serrure
Orixe Francia
Linguafrancés
Tema(s)Numismática medieval europea.
Xénero(s)Obra historiográfica e catálogo.
EditorialErnest Leroux, París.
Data de pub.1891-1905
editar datos en Wikidata ]

Traité de numismatique du moyen âge é un traballo acerca das cuñaxes de moeda na Europa da Idade Media escrita polos numismáticos Arthur Engel (1855-1935) e Raymond Serrure (1862-1899), publicado en tres volumes entre 1891 e 1895.[1][2]

Arthur Engel foi un arqueólogo e numismático, membro da Sociedade Francesa de Numismática e da Sociedade de Anticuarios, e tamén das Escolas Francesas de Roma e de Atenas.[3] Raymond Surrure era un comerciante numismático asentado en París cuxos pai e avó xa se dedicaran a esta mesma disciplina.[4]

Esta obra foi a única referencia para o estudo da numismática medieval euroepa ata o inicio do proxecto Medieval European Coinage na Universidade de Cambridge en 1986, que aínda está en desenvolvemento.[5]

Volumes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berger Élie. (1905). "Arthur Engel et Raymond Serrure. Traité de numismatique du moyen âge". En Bibliothèque de l'École des chartes. 66. Páxinas 708-711.
  2. "Medieval European Coinage". Museo Fitzwilliam, Cambridge.
  3. "Arthur Engel (1855-1935)". Bibliothèque Nationale de France.
  4. "Raymond Serrure (1862-1899)". Bibliothèque Nationale de France.
  5. "Medieval European Coinage". En The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
  6. Blanchet, J. A. (1894). "Reviewed Work: by Arthur Engel, Raymond Serrure". En Revue Archéologique. 25. Páxinas 142-144.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]