Claude Monet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Claude Monet
Claude Monet 1899 Nadar crop.jpg
Claude Monet en 1899.
Nome Oscar-Claude Monet
Nacemento 14 de novembro de 1840
Lugar París, Flag of France.svg Francia
Falecemento 5 de decembro de 1926 (86 anos)
Lugar Giverny, Flag of France.svg Francia
Nacionalidade Francesa
Cónxuxe(s) Camille Doncieux
Alice Hoschedé
Eido Pintura
Adestramento Charles Gleyre
Movemento Impresionismo
Traballos Impresión, sol nacente
As ninfeas
A catedral de Ruán
Monet autograph.png
Impresión, sol nacente (1874).

Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento.

As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que o crítico Louis Leroy denominou despectivamente no xornal Le Charivari impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión, sol nacente.[1]

Regatas en Argenteuil (1874). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.

Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga (coma na súe serie de óleos As ninfeas), que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).

Influencia[editar | editar a fonte]

As obras de Monet foron unha gran fonte de inspiración para pintores impresionistas coma Pierre-Auguste Renoir, e outros máis contemporáneos coma Mark Rothko, Willem de Kooning[2] ou Jackson Pollock (as súas grosas texturas de cor recordan as obras tardías de Monet).

Na literatura[editar | editar a fonte]

O novelista francés Marcel Proust deixouse inspirar pola obra de Monet. Proust era afín ao impresionismo en xeral e en particular admiraba as obras de Monet, aínda que nos seus libros non mencionaba ningunha obra en concreto. O novelista describe na súa obra En busca do tempo perdido os fenómenos que Manet capturaba no lenzo, o narrador dá as súas impresións das nubes e o mar no balneario fictício de Balbec. Na novela Jean Santeuil, menconase a Monet en varias ocasións cando un coleccionista de Ruán compra algúns dos seus cadros. O narrador describe con este motivo os sentimentos que nel despertan as obras do pintor.

No cine[editar | editar a fonte]

Na película Ceux de chez nous, do director Sacha Guitry móstrase a vida cultural francesa da primeira guerra mundial. Está centrada sobre todo en Renoir, pero tamén se pode ver a Claude Monet pintando un dos cadros da famosa serie As ninfeas.

Fanse referencia a algunhas das súas obras no filme do ano 2001 Vanilla sky, do director Cameron Crowe e en The Thomas Crown Affair, dirixido por John McTiernan en 1999.

No cómic[editar | editar a fonte]

En 2017 publícase unha novela gráfica que narra os primeiros anos do pintor ata o seu establecemento en Giverny, obra do guionista Salva Rubio e o debuxante Ricard Efa, pintada enteiramente en gouache. En España foi publicada por Norma Editorial.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]