José María Gutiérrez Hernández
Guti | |||
---|---|---|---|
![]() Guti xogando para o Real Madrid. | |||
Información persoal | |||
Nome | José María Gutiérrez Hernández | ||
Nacemento | 31 de outubro de 1976 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1986–1994 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1995 | Real Madrid C | 12 | (3) |
1995–1996 | Real Madrid B | 26 | (11) |
1995–2010 | Real Madrid | 387 | (46) |
2010–2011 | Beşiktaş | 23 | (7) |
Total | 448 | (67) | |
Selección nacional | |||
1995 | España sub-18 | 4 | (1) |
1996–1998 | España sub-21 | 8 | (1) |
1999–2005 | España | 14 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José María Gutiérrez Hernández, coñecido como Guti, nado o 31 de outubro de 1976 en Torrejón de Ardoz, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inicios[editar | editar a fonte]
Guti chegou con nove anos á canteira do Real Madrid. Na tempada 1995-96, chegou ao Real Madrid B (actual Real Madrid Castilla), que entón estaba na Segunda división.
En Primeira División[editar | editar a fonte]
Guti debutou no Real Madrid, o único equipo onde xogou en Primeira División, o 2 de decembro de 1995, da man de Jorge Valdano, no partido Real Madrid-Sevilla, que finalizou co resultado de 4-1 favorable ao equipo local.
Durante os primeiros anos, Guti foi un xogador de persoal, e non dispuxo de moitos minutos debido a que había outros xogadores que xogaban na súa mesma demarcación.
A súa situación cambiou coa chegada ao banco do primeiro equipo de Vicente del Bosque como adestrador branco, na tempada 1999/00, para suplir ao destituído John Benjamin Toshack. Guti empezou a ser importante para del Bosque en parte grazas ao traballo de ximnasio que realizou o xogador, que lle proporcionou unha maior corpulencia e musculatura máis forte, favorecendo as súas calidades técnicas e en consecuencia, o seu xogo. O innegable salto de calidade do xogador tivo como premio o aumento nos minutos de xogo e nas súas actuacións como titular, ademais do seu debut coa Selección de España o 5 de maio de 1999 nun partido contra Croacia, que España gañou 3-1.
Na campaña seguinte, a tempada 2000-01, Guti asentouse no primeiro equipo. Debido a unha lesión de Fernando Morientes, Guti tivo que ocupar a posición de dianteiro, anotando 14 goles que contribuíron á consecución da liga número 28. Nesta campaña gañouse o seu segundo sobrenome máis coñecido (tras 'Guti') durante un partido no Madrigal no que se encarou cuns afeccionados. Guti chamou paletos a seguidores do Villarreal e dedicoulles un peite mentres se dirixía ao autocar do seu equipo. O Madrid impúxolle ao '14' unha multa disciplinaria dun millón de pesetas e no Madrigal fixéronlle a 'cruz' (a partir de entón, foi habitual ver como a afección do Madrigal corea o sobrenome de 'Paleto' en referencia a Guti).
Desde entón Guti contou sempre con minutos e máis tarde ou máis cedo os adestradores que foron pasando polo Real Madrid recompensáronlle coa titularidade na maior parte dos encontros. É parte imprescindible en todos os títulos que o Real Madrid conseguiu desde o seu debut.
Coa chegada de Bernd Schuster ao banco, Guti asentouse como titular case indiscutible na posición de mediocentro ofensivo e peza clave para o equipo. Na primeira tempada do alemán como adestrador branco, a tempada 2007-08, Guti converteuse no máximo asistente da competición con 14 pases de gol.
O 14 de setembro de 2008, durante o partido que enfrontaba ao Real Madrid co Club Deportivo Numancia, Guti marcou o gol 5.000 do Real Madrid en Liga.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
O seu debut coa selección absoluta produciuse o 5 de maio de 1999 en Torremolinos (España), nun partido que España lle gañou 3-1 a Croacia.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou coa ex-presentadora de televisión e empresaria dunha axencia de modelos, Arancha de Benito, o 22 de xuño de 1999 na Igrexa dos Xerónimos de Madrid, da que se divorciou en 2009 segundo un comunicado emitido polo xogador o 14 de abril de 2009.
Teñen dous fillos, unha nena, Zaira, nada o 15 de decembro de 2000, e un neno, Aitor José, nado o 21 de xaneiro de 2001.
Guti apareceu en dúas películas facendo un cameo: En Torrente 3: El Protector, xunto aos seus compañeiros do Real Madrid Iker Casillas e por aquel entón Iván Helguera; e tamén en ¡Goool! 2: Viviendo el sueño, en ambas as dúas facendo de si mesmo. Tamén apareceu na película/documental Real, la película.
Goles[editar | editar a fonte]
Esta táboa inclúe os partidos de Primeira División de España, Copa do Rei e Liga de Campións da UEFA.
Club | Tempada | Partidos xogados | Goles |
---|---|---|---|
Real Madrid | 1995-96 | 9 | 1 |
Real Madrid | 1996-97 | 17 | 0 |
Real Madrid | 1997-98 | 20 | 1 |
Real Madrid | 1998-99 | 36 | 3 |
Real Madrid | 1999-00 | 42 | 8 |
Real Madrid | 2000-01 | 44 | 18 |
Real Madrid | 2001-02 | 45 | 13 |
Real Madrid | 2002-03 | 52 | 11 |
Real Madrid | 2003-04 | 43 | 3 |
Real Madrid | 2004-05 | 39 | 0 |
Real Madrid | 2005-06 | 44 | 6 |
Real Madrid | 2006-07 | 37 | 1 |
Real Madrid | 2007-08 | 39 | 3 |
Real Madrid | 2008-09 | 25 | 3 |
Total | 498 | 71 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Durante 14 tempadas no Real Madrid, Guti conseguiu os seguintes títulos:
- 5 ligas (1996-97, 2000-01, 2002-03, 2006-07, 2007-08).
- 4 Supercopas de España (1997, 2001, 2003, 2008).
- 3 Ligas de Campións (1997-98, 1999-00, 2001-02).
- 1 Supercopa de Europa (2002).
- 2 Copas Intercontinentais (1998, 2002).
Ademais, como xogador da Selección nacional de fútbol de España, gañou un Campionato Europeo sub 18 (1995) e un Europeo sub 21 (1998).