Claude Makélélé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claude Makélélé
Makélélé PSG.png
Información persoal
Nome completo Claude Makélelé Sinda
Nacemento 18 de febreiro de 1973 (41 anos)
Lugar Kinshasa, Zaire
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Stade Brestois
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992–1997 Nantes 169 (9)
1997–1998 Marseille 32 (2)
1998–2000 Celta de Vigo 70 (3)
2000–2003 Real Madrid 94 (1)
2003–2008 Chelsea 144 (2)
2008–2011 Paris Saint-Germain 98 (1)
Total 607 (18)
Selección nacional
1995–2006 Francia sub-21 11 (1)
1995–2008 Francia 71 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Claude Makélelé Sinda, nado o 18 de febreiro de 1973 en Kinshasa, é un ex futbolista congolés, nacionalizado francés. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na República Democrática do Congo e transferiuse coa súa familia aos suburbios de París en 1977 á idade de 4 anos. O seu pai xogou na selección nacional do seu país e no campionato de fútbol belga.

Á idade de 16 anos trasladouse a Brest a unha escola de fútbol, de onde foi recrutado en 1992 polo Nantes, permanecendo alí ata 1997. Co equipo francés conquistou o título nacional en 1995, empezou a xogar na selección nacional e en 1997 pasou ó Olympique de Marsella (1997–98) onde quedou só unha tempada.

Logo foi transferido ó club galego Celta de Vigo, onde estivo dúas tempadas, fichando en 2000 polo Real Madrid, co que gañou dúas veces a Liga, unha Copa de Europa, unha Supercopa Española, unha Supercopa Europea e unha Copa Intercontinental.

En 2003 pasou ao Chelsea FC dirixido polo técnico Claudio Ranieri por unha cifra próxima ós 17 millóns de libras esterlinas. Co club inglés gañou a Premier League e a League Cup no 2005, repetindo o logro no campionato 2006.

Desde principios do 2004 ten unha relación coa modelo francesa Noémie Lenoir coa que tivo un fillo en febreiro de 2005 chamado Kelyan.

En agosto de 2007 Makélélé renovou o seu contrato co Chelsea. O novo contrato uniu ao centrocampista francés co club londinense ata finais de xuño de 2009.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Coa Selección de fútbol de Francia xogou máis de 50 partidos, formando parte dela nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e nos mundiais de fútbol Corea-Xapón 2002 e Alemaña '06.

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2002 Corea do Sur e Xapón Primeira fase
Copa Mundial de Fútbol de 2006 Alemaña Subcampión

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Ligue 1 Nantes Francia 1995
A Liga Real Madrid España 2001
Supercopa española Real Madrid España 2001
A Liga Real Madrid España 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003
FA Premier League Chelsea Inglaterra 2005
Community Shield Chelsea Inglaterra 2005
Football League Cup Chelsea Inglaterra 2005
FA Premier League Chelsea Inglaterra 2006
Football League Cup Chelsea Inglaterra 2007

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Campións da UEFA Real Madrid Escocia 2002
Supercopa de Europa Real Madrid Mónaco 2002
Copa Intercontinental Real Madrid Xapón 2002

(*) Incluíndo a Selección

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]