Tributo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un tributo é unha prestación pecuniaria de carácter coactivo establecida polo Estado ou outro Ente Público, de acordo cos procedementos establecidos no ordenamento xurídico e coa finalidade ou obxectivo primordial de financiar gastos públicos.

Clasifición dos tributos[editar | editar a fonte]

  • Taxas: feito impoñible consistente na prestación dun servizo ou a realización dunha actividade administrativa que beneficie ao suxeito pasivo se:
  1. Son de solicitude ou recepción obrigatoria.
  2. Non poden prestarse polo sector privado.
  • Contribucións especiais: feito impoñible consistente na obtención dun beneficio ou dun aumento de valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento de servizos públicos.
  • Impostos: tributos esixidos sen contraprestación cuxo feito impoñible está constituído por negocios, actos ou feitos de natureza xurídica ou económica que poñen de manifesto a capacidade contributiva, como consecuencia da posesión dun patrimonio, a circulación ou a adquisición ou gasto da renda.

O poder tributario español[editar | editar a fonte]

  • Estado: a potestade orixinaria para establecer os tributos corresponde exclusivamente ao Estado mediante lei.
  • Comunidades autónomas: poden establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución e as leis. As Comunidades autónomas gozan de autonomía financeira para o desenvolvemento e a execución das súas competencias consonte o principio de coordinación coa Facenda estatal e de solidariedade entre todos os españois.
  • Corporacións locais: os concellos e deputacións tamén poden establecer tributos de acordo coa Constitución española e as leis. Carecen de potestade lexislativa e deben contar coa facultade expresa dunha lei.

Fontes do dereito tributario español[editar | editar a fonte]

  1. Constitución.
  2. Tratados e convenios internacionais.
  3. Normas comunitarias: decisións, directivas e regulamentos.
  4. Leis, regulamentos, decretos e ordes ministeriais.
  5. Dereito supletorio: disposicións xerais do Dereito administrativo e preceptos do Dereito común.