Tregua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Para o grupo musical galego, véxase Tregua (grupo musical)

Chámase tregua ao cesamento de hostilidades por determinado tempo entre os inimigos que teñen rota ou pendente a guerra sen que por iso quede esta terminada.

A duración dunha tregua pode variar desde algúns días até moitos anos. Polo común é xeral, é dicir, que alcanza a todos os países sometidos ás potencias belixerantes.

Se queda restrinxida nada máis que a algúns lugares en particular chámase armisticio.

Se só ten por obxecto realizar o cumprimento dalgunhas medidas indispensábeis, como enterramento dos mortos, chámase suspensión de armas.

Recibe o nome de tregua mercantil é tregua durante a cal se permite o comercio entre dous ou máis estados en guerra.

Expresións relacionadas[editar | editar a fonte]

  • Non dar tregua: non deixar de hostigar ou perseguir a unha persoa, grupo de persoas ou calquera obxectivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario Enciclopédico Popular Ilustrado Salvat, dos anos 1906 a 1914, no dominio público.