Écija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Écija
Bandera de Écija (Sevilla).svg
Escudo de Écija (Sevilla).svg
Ecija 2.jpg
Localización
Ecija (Sevilla).PNG
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaSevilla
ComarcaÉcija
Xeografía
Altitude125 msnm
Superficie978,73 km²
Demografía
Poboación40.534 hab. (2010)
Densidade41,41 hab./km²
XentilicioAstixitano, na
Ecijano, na
Outros datos
Código postal41400
AlcaldeJuan Wic Moral (PSOE)
www.ecija.es

Écija[1] é un concello da provincia de Sevilla, sita a 95 km da capital hispalense, no interior da comunidade autónoma de Andalucía. Pertence á comarca homónima. Consonte o censo de 2005, Écija tiña unha poboación de 38.911 habitantes, sendo a quinta cidade máis populosa da provincia. O río Genil, principal afluente do Guadalquivir, atravesa o seu núcleo urbano.

Historia[2][editar | editar a fonte]

As primeiras testemuñas arqueolóxicas permiten supor que o primitivo asentamento de Astigi, estivo situado, no actual Cerro de San Gil ou do Alcázar, en época tartesa.

Arredor do 14 a.C., en época de Augusto, fundouse xunto a ese lugar a Colonia Augusta Firma Astigi, que fora capital dun dos catro conventos xurídicos da provincia romana da Bética e unha das máis importantes cidades de Hispania. Ademais da súa importancia estratéxica sobre a Vía Augusta e á beira do río Genil, na época denominado Singilis, antigamente navegábel até a cidade, Astigi posuía a preeminencia no sistema de produción e exportación a longa distancia do aceite de oliveira por todo o Imperio romano.

Entre o século V e o século XI, Astigi foi sé dun bispado, desaparecido en medio da dominación islámica do Al-Andalus.

Durante o período andalusí o seu nome evolucionou para Istiya ou Astiya. Un dos sobrenomes árabes da Écija andalusí era Madinat al-qutn, "a cidade do algodón". Desta época data o recinto amurallado, con torres albarranas á maneira das fortificacións almohades.

A conquista castelá da cidade foi efectuada por Fernando III en 1240. Tras a conquista instaláronse en Écija numerosas e ilustres familias castelás. A fertilidade da comarca e a súa nova posición, fronteiriza co reino de Granada, impulsaron un notábel desenvolvemento económico e social.

O rei Henrique III concedeulle carta foral en 1402. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no século XVIII.

O seu desenvolvemento económico reflíctese na gran cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1966.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma
  2. Excmo. Ayuntamiento de Écija (1988). Actas del I Congreso sobre historia de Écija. Tomo I. ISBN 84-87165-05-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]